O BNG RECLAMA QUE LUGO SE CONVIRTA NUN CONCELLO LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS

O BNG RECLAMA QUE LUGO SE CONVIRTA NUN CONCELLO LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS

Os nacionalistas queren que Lugo se sume aos preto de 200 municipios do estado que xa adoptaron esta norma

Lugo, a 21 de febreiro de 2014. A concelleira do BNG Cristina Ferreiro presentou unha iniciativa co fin de que o Pleno municipal se posicione sobre a instalación de circos con fauna salvaxe no Concello de Lugo. Con esta proposta, os nacionalistas súmanse ás demandas de moitos colectivos, asociacións e cidadáns preocupados polas condicións de vida ás que son sometidos os animais, condicións que non hai que imaxinar senón que se poden apreciar simplemente achegándose aos circos. Ademais Cristina Ferreiro insistiu en que “debemos contribuír á educación dos nosos cativos amosándolles outro tipo de espectáculos.”

Cristina Ferreiro avalou súas palabras facendo referencia a unha nova, que hoxe mesmo recollía a prensa, sobre a intervención, por parte da garda civil, de animais de especies protexidas nun circo situado nunha vila cacereña. A edil nacionalista aclarou que a presentación desta moción non é derivada da presenza, en Lugo, dun circo que utiliza aos animais salvaxes como reclamo, “mais é certo que despertou a indignación en diversos colectivos e persoas” e engadiu que “sabemos que, ademais de moitas persoas a nivel individual, colectivos ecoloxistas como ADEGA ou LIBERA xa presentaron no concello solicitudes neste mesmo senso”.

Na proposición que o Grupo Municipal do BNG levará ao pleno do vindeiro 3 de marzo pídese que o concello de Lugo se sume aos preto de 200 concellos do estado que xa aprobaron ordenanzas que prohíben a realización de espectáculos con animais en catividade. Entre estes concellos atópanse, segundo citou Cristina Ferreiro, Ourense, Vigo, Alacante, Fuenlabrada, Vitoria-Gasteiz, Marbella, Palma de Mallorca ou Barcelona. Concellos que, dixo a edil nacionalista “son cidades de diferentes tamaños e gobernados por forzas de diferente cor polítca”. Ferreiro lembrou que o BNG presentou unha proposta similar na maior parte dos concellos galegos nos que ten representación.

IMG_2733O estudo, traducido recentemente pola Asociación Animalista Libera, reflicte a necesidade de impedir o uso de animais silvestres neste tipo de espectáculos e advirte de que nos circos a fauna chega a pasar 22 horas engaiolada en espazos insuficientes. Para o BNG está claro que a vida no circo conleva privación de liberdade de animais no seu medio natural percorrerían miles de kilómetros. Cristina Ferreiro explicou que “pasan a maior parte do tempo pechados en gaiolas e incluso encadeados.

O BNG RECLAMA QUE LUGO SE CONVIRTA NUN CONCELLO LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS