O BNG RECLAMA A REPOSICIÓN DA ILUMINACIÓN DA MURALLA

O BNG RECLAMA A REPOSICIÓN DA ILUMINACIÓN DA MURALLA

IMG_0999Antón Bao acusa ao goberno municipal de “pasividade” á hora de reclamar que a xunta cumpra co seu compromiso cos lucenses

No mes de xullo o conselleiro de cultura da Xunta anunciou que a finais de agosto se comenzarían os traballos para instalar a iluminación do adarve

LUGO, 12 de outubro de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, reclamou que se acometan os traballos de instalación do sistema de iluminación no adarve da muralla. Antón Bao lembrou que o conselleiro de Educación e Cultura afirmou o pasado mes de xullo, durante a inauguración da Domus do Mitreo de Lugo, que os traballos para renovar o sistema de iluminación do adarve da Muralla romana de Lugo serian adxudicados antes de que finalizara o mes de agosto.

Bao cargou tamén contra o goberno municipal ao que acusou de “pasividade” á hora de reclamar que a xunta cumpra co seu compromiso cos lucenses. Bao dixo que “no mes de outubro segue sen cumprirse a promesa do conselleiro e esto demostra que mentiu descaradamente, unha vez máis, aos lucenses”

Para o BNG compre que a muralla conte, de novo, cun sistema de iluminación no adarve para que o monumento patrimonio da humanidade luza como se merece nas horas de escuridade. Antón Bao referiuse á redución nas horas de luz nesta época do ano e dixo que “imos cara o inverno e a iluminación é máis necesaria que nunca por que moitos lucenses e visitantes pasean pola muralla en horas con pouca luz”.

 

O BNG RECLAMA A REPOSICIÓN DA ILUMINACIÓN DA MURALLA