O CONCELLO DE LUGO CONTARÁ CON DOMINIO .gal GRAZAS Á INSISTENCIA DO BNG

O CONCELLO DE LUGO CONTARÁ CON DOMINIO .gal GRAZAS Á INSISTENCIA DO BNG

IMG_6124A partir do 2 de decembro adxudicaranse dominios .gal para que poidan ser utilizados como marca na rede e o BNG que demandou que se solicitaran para o concello de Lugo

Para o BNG “trátase dun sinal que nos identificará en todo o mundo e ao que non debemos renunciar”

Lugo, 28 de novembro 2014. O concello de Lugo ten solicitado, por iniciativa do BNG, os dominios .gal para diversas webs municipais. Segundo informou a voceira nacionalista, Paz Abraira, “A partir do 2 de decembro adxudicaranse dominios .gal para que poidan ser utilizados como marca na rede e o BNG que demandou que se solicitaran para o concello de Lugo”. Para o BNG “trátase dun sinal que nos identificará en todo o mundo e ao que non debemos renunciar”. “Precupouse ao longo destes meses para que o concello de Lugo se sumase a esta iniciativa, unha iniciativa que permitirá que os galegos e galegas poidamos ter sitios na rede identivicados como propios” dixo Paz Abraira.

A iniciativa Punto Gal é promovida desde o ano 2006 pola Asociación Punto Gal, e orientouse a acadar un dominio propio en internet para a lingua e cultura galegas e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego, identificado como tal, dentro da rede. Segundo a nacionalista “o Concello ten unha oportunidade para amosar o seu compromiso coas novas tecnoloxías e coa nosa cultura como pobo, e ser unha das institucións pioneiras que apostaron sen complexos e con orgullo polo noso espazo propio no mundo de internet”.

Paz Abraira lembrou que, o pasado 26 de xuño, o Parlamento de Galiza de xeito unánime aprobou unha resolución recoñecendo a importancia ao desenvolvemento da Internet en Galiza, sinalando que sería beneficioso tanto para o desenvolvemento da lingua e cultura galega na rede como, tamén, noutros moitos ámbitos como o empresarial. O Parlamento Galego, asemade, aprobou, nesta mesma resolución, solicitar participar neste “ Programa Pioneiros Punto Gal ”.

O CONCELLO DE LUGO CONTARÁ CON DOMINIO .gal GRAZAS Á INSISTENCIA DO BNG