A ASAMBLEA ABERTA APROBA A PROPOSTA DO PRIMEIRO TRAMO DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS

A ASAMBLEA ABERTA APROBA A PROPOSTA DO PRIMEIRO TRAMO DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS

OIMG_6416 consello local do BNG trasladou unha proposta na que se incluían persoas que foron propostas no proceso de Asambleas Abertas impulsado polo BNG

Os nacionalistas concurrirán ás eleccións municipais baixo as siglas BNG-Asambleas Abertas

Lugo, 26 de novembro 2014. Nunha concurrida xuntanza, a que acudiron un cento de persoas, aprobouse a proposta presentada polo Concello local do BNG para conformar o primeiro tramo da candidatura do BNG-Asambleas Abertas para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2015.  Todas as persoas que conformarán a candidatura do BNG foron propostas no proceso de Asambleas Abertas impulsado polo BNG e o consello local limitouse a formular unha proposta para que as persoas asistentes a esta Asamblea Aberta ratificaran ou rectificaran esta proposta .

 

IMG_6381

Na súa intervención Rubén Arroxo salientou e agradeceu o feito de que 3 persoas, sen ser afiliadas ao BNG, se integraran neste primeiro tramo da candidatura. “Somos xente normal que queremos cambiar cousas nesta cidade” dixo Arroxo que se definiu como “un xoven da xeneración máis preparada e máis estafada da historia”. Rubén Arroxo agradeceu a implicación de todas as persoas que participaron no proceso de Asambleas Abertas, Construindo Futuro.

O proceso de Asambleas Abertas iniciado polo BNG comenzou en Lugo o pasado 25 de setembro cunha asamblea no centro social Maruja Mallo que reuniu a máis dun centenar de persoas. Entre os asistentes a esta primeira asamblea aberta, ademais de militantes e simpatizantes do BNG, estaban persoas de diversas tendencias políticas, ex-militantes do Bloque Nacionalista Galego e persoas afíns a outras correntes do nacionalismo. Este primeiro encontro tivo contunuidade a principio deste mes de novembro cunha asamblea aberta na que se concretaron nomes e persoas que poderían conformar a candidatura do BNG.

IMG_6395

A candidatura do BNG estará encabezada por Rubén Arroxo, arquitecto técnico e vencellado ao mundo do atletismo de 28 anos de idade. Arroxo tivo diversas responsabiliades dentro da organización Galiza Nova e xa formou parte da candidatura do BNG noutros procesos electorais. Neste momento Rubén Arroxo é unha das caras visibeis da plataforma Miño Si, Gasolineira Non.

O primeiro tramo, presentado hoxe, está formado por 8 persoas:

  1. Rubén Arroxo. Arquitecto técnico, atleta, activista social e responsable de Galiza Nova en Lugo
  2. Maite Ferreiro. Extraballadora de Tragsa, vencellada ao sindicalismo agrario e membro do Concello local do BNG.
  3. Antón Somoza. Licenciado e Doutor en Humanidades, vencellado ao asociacionismo cultural e ten feito traballos relacionados coa memoria histórica.
  4. Cristina Ferreiro. Enfermeira, Concellería do BNG no Concello de Lugo e vencellada a diversas plataformas en defensa da sanidade pública.
  5. Daniel Cabana. Funcionario da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  6. Esther Fórneas. Profesora da USC e persoa vencellada ao mudo do ecologismo.
  7. Felipe Rivas. Desempregado e membro da plataforma de afectados polas preferentes.
  8. Marta R. Engroba. Vencellada ao asociacionismo contra a violencia de xénero.

A ASAMBLEA ABERTA APROBA A PROPOSTA DO PRIMEIRO TRAMO DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS