“O CONCELLO TEN UNHA DÉBEDA COS VECIÑOS DE ORBAZAI A RESPECTO DA TRAIDA DE AUGA” LEMBROU PAZ ABRAIRA

“O CONCELLO TEN UNHA DÉBEDA COS VECIÑOS DE ORBAZAI A RESPECTO DA TRAIDA DE AUGA” LEMBROU PAZ ABRAIRA

IMG_6424Abraira lembrou que os veciños de Orbazai cederon, no seu momento, os terreos precisos para a construción dos depósitos

Para o BNG “é necesario que se deixen preparados os entronques para que se poidan facer as acometidas o antes posible”

Lugo, 23 de febreiro de 2015. A voceira do BNG, Paz Abraira, lembrou hoxe que o concello de Lugo adquirira un compromiso cos veciños e veciñas de Orbazai para darlles subministro de auga da rede pública de abastecemento unha vez foran rematadas as obras dos novos depósitos. Abraira lembrou que os veciños de Orbazai cederon, no seu momento, os terreos precisos para a construción dos depósitos e sufriron todas as obras. “Agora é o momento no que o concello ten que cumprir coa súa parte” sinalou Paz Abraira.

Para o BNG “é necesario que se deixen preparados os entronques para que se poidan facer as acometidas o antes posible”. A voceira do BNG sinalou que “este é o momento de cumplir coa xente de Orbazai e non valen excusas nin promesas para o futuro”. O Concello de Lugo, xunto con outras administracións, están a realizar as obras de soterramento das conduccións de auga potable na zona de Orbazais e non se estná facendo os entronques aos núcleos nin ás vivendas próximas á canalización.

Abraira asegurou que foron veciños e veciñas da zona quenes contactaron co BNG dada a súa desconfianza do actual equipo de goberno municipal a este respecto. Paz Abraira insistiu en que “foi un compromiso do goberno municipal, no seu momento, e asumido por todas as forzas políticas con representación na corporación”. Por esto o BNG esixe  que “se teñan en conta as demandas veciñais” e especialmente neste caso no que houbo un compromiso previo.

“O CONCELLO TEN UNHA DÉBEDA COS VECIÑOS DE ORBAZAI A RESPECTO DA TRAIDA DE AUGA” LEMBROU PAZ ABRAIRA