CRISTINA FERREIRO ASUMIRÁ O CARGO DE CONCELLEIRA DO BNG NO CONCELLO DE LUGO
Ferreiro substiturá a Antón Bao no grupo municipal do BNG a partir do pleno do mes de febreiro
Cristina Ferreiro xa representou ao BNG como edil no concello de Lugo e parlamentaria no Parlamento Galego
Lugo, a 17 de xaneiro de 2014. Cristina Ferreiro asumirá o cargo de concelleira do BNG no concello de Lugo. Esta traballadora da sanidade pública conta cunha ampla experiencia política xa que formou parte de numerosos organos internos do BNG e tamén tivo cargos institucionais como representante da fronte nacionalista. Cristina Ferreiro foi parlamentaria entre os anos 2007 e 2009 e tivo cargo de concelleira en Lugo despois das eleccións municipais de 2007. Cristina Ferreiro incorpórase ao Grupo Municipal do BNG en substitución de Antón Bao que presentou a súa dimisión, por motivos persoais, o pasado mes de decembro. A intención é, se os trámites administrativos o permiten, que tome posesión no pleno do vindeiro do 3 de febreiro.
No eido profesional, actualmente, Cristina Ferreiro desempeña o seu traballo no servizo de pediatria do centro de saúde da rúa Illas Canarias. Ferreiro afirmou que compatibilizará a súa labor profesional coa reponsabilidade de concelleira e que non renunciará á súa profesión sen a cal non podería vivir. Cristina Ferreiro está vencellada a diversos colectivos de defensa da sanidade pública e foi responsábel da mesa da Sanidade do parlamento galego. A recen incorporada edil do BNG forma parte do Consello Comarcal do BNG de Lugo e da súa executiva.
O responsábel local do BNG valorou moi positivamente a súa traxectoría no BNG e tamén toda a súa tarefa relacionada coa protección da sanidade pública a través de movementos sindicais e sociais. Pola súa banda a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, agradeceulle a Cristina Ferreiro a súa boa disposición e sinalou os obxectivos politicos para o BNG para o periodo que resta antes das vindeiras eleccións municipais. Abraira afirmou que este vai ser un ano difícil por que socialmente os cidadáns quere respostas e solución e o BNG vai a estar ahí. Sobre a política municipal Abraira dixo que o BNG vai a recordarlle ao goberno municipal que ten que facer frente ás cuestións que lles preocupan os lucenses e que seguiremos a pe de rúa cos veciños e veciñas de Lugo.
Na rolda de prensa compareceron o responsábel local do BNG, Alexandre Penas, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, e a nova edil, Cristina Ferreiro. Tamén estivo presente Teofilo García, que no seu momento fora anunciado como novo concelleiro do BNG, para dar conta das razóns que, neste momento, lle impiden aceptar o cargo que lle correspondería atendendo á orde da candidatura presentada polo BNG nos comicios municipais do ano 2011. Teofilo García sinalou que o feito de traballar na empresa privada dificulta enormemente a posibilidade de compatibilizar as tarefas profesionais coa actividade política que require un responsabilidade como esta.
A voceira do BNG no concello de Lugo anticipou que nos achegamos au proceso electoral para elexir os representantes no parlamento europeo e eende o BNG trataremos de comunicarlle á xente os gravisimos problemas que nos acarrea que o estado español forme parte desta unión europea.