GALIZA NOVA, EN LUGO, CONTRA A UNIÓN EUROPEA

GALIZA NOVA, EN LUGO, CONTRA A UNIÓN EUROPEA

IMG_4436Nun acto simbólico mozos e mozas de Galiza Nova manifestaron o seu descontento coas políticas da UE en matería laboral e destruiron diversos símbolos relacionados coa Unión Europea

Olalla Rodil lembrou que “as políticas da Troika condenaro a prento de 120.000 galegos e galegas á emigración”

Lugo, 22 de maio 2014. Nun acto simbólico mozos e mozas de Galiza Nova manifestaron o seu descontento coas políticas da UE en matería laboral e plantáronlle lume a diversos símbolos relacionados coa Unión Europea. A número tres da lista do BNG ao Parlamento Europeo, Olalla Rodil, lembrou que “as políticas da Troika condenaro a prento de 120.000 galegos e galegas á emigración”. A número tres da candidatura do BNG afirmou que “é o momento de dicirlle NON a esta Unión Europa da emigración, do desemprego, do roubo e da explotación”. Este modelo de Unión Europea, engadiu Olalla Rodil “é a ruína da mocidade galega”.

No acto interviu, tamén, Iago Lestegás Tizón, un xoven arquitecto lucense, que neste momento está emigrado en Italia. Lestegás dixo que “ somos representantes dunha xeración estafada por un sistema neoliberal, o da unión europea do capital”. Iago Lestegás, membro da candidatura do BNG ao parlamento europeo, lembrou como o BNG se opuxo a entrada do estado español na unión europea e sinalou que “anunciamos que traería o que finalmente trae: miseria, desemprego, desigualdade, inxustiza, negación de oportunidades e de dereitos”.

Para o BNG e para Galiza Nova esta non é a Europa dos pobos. Lestegás afirmou que “é a unión europea das grandes multinacionais e das grandes corporacións que nos exprimen para aumentar os seus beneficios e non respetan ningún tipo de leis”. “Non queremos ser a canteira de traballadores que esta sociedade forma cos cartos públicos e co esforzo das nosas familias para despois ser a man de obra doutros paises” dixo Iago Lestegás que pediu traballo digno e futuro na terra.

 

GALIZA NOVA, EN LUGO, CONTRA A UNIÓN EUROPEA