LUGO PERDE 38 MILLÓNS DE EUROS DO ESTADO A RESPECTO DO 2014
No ano 2014 Lugo foi a provincia galega peor parada cun investimento de tan so 148 millóns de euros que quedan reducidos a 110 millóns para o 2015
Os orzamentos da consolidación do emprobecemento da maioría social e especialmente, na Galiza, da provincia de Lugo que sae especialmente perxudicada afirmou Rosana Pérez
Rosana Pérez aproveitou para dar os parabéns do BNG ao pobo catalán polo exercicio de democracia e civismo que onte demostrou no exercicio da consulta sobre a súa independencia
Lugo, 10 de novembro 2014. A deputada do BNG no congreso dos deputados, Rosana Pérez, explicou en Lugo que entre a xornada de mañá e o xoves desenvolverase o debate das emendas aos orzamentos do estado. Rosana Pérez sinalou que no ano 2014 Lugo foi a provincia galega peor parada, cun investimento de tan so 148 millóns de euros, e no 2015 as partidas presupostarías para Lugo quedan reducidas a 110 millóns de euros, é dicir, 38 millóns menos que no 2014. A deputada nacionalista dixo que estes son os orzamentos da consolidación do emprobecemento da maioría social e especialmente, na Galiza, da provincia de Lugo que sae especialmente perxudicada.
Rosana Pérez explicou que desa partida de 110 millóns de euros aproximadamente 2/3 van parar á A-54 que é unha infraestrutura que leva moitos anos de retraso e que non vai estar operativa antes do ano 2020. O BNG presentou emendas para dotar con 6 millóns de euros o tramo Melide Palas que non aparece nos orzamentos máis que como un tramo en proxecto. Os orzmanentos para Lugo contemplan partidas simbólicas para a autovíai Lugo Ourense e nada para a variante ferroviaria da Pobra de San Xiao. A deputada do BNG sinalou que o Ministerio de Medio Ambiente, a través de augas de las cuencas de españa, reduciu en máis dun 60 % as partidas destinadas a Lugo que pasan de 6,8 millóns a 2,7 millóns en cuestións como o saneamento do concello de Lugo.
Nada se sabe de obras que foron reclamadas polo BNG en diversas ocasións como o acondicionamento nda N-640 entre Lugo e Meira, a Ronda Norte, os accesos á cidade dende a nova ponte sobre o Miño ou o desvio da A-54 para non afectar a os, xa desaparecidos, achádegos arqueolóxicos de Coeses. Outra das partidas que foron reducidas na provincia de Lugo foi a de mellora da seguridade viaria.
Orzamentos ideolóxicos do PP
Rosana Pérez dixo que dende o BNG concluimos que hai cartos pero é unha opción ideolóxica do PP adicalos a unhas cuestión e a outras non. A deputado do BNG no congreso explicou que se trata duns orzamentos feitos para recortar os servizos ás maiorías sociais e apoiar á banca e ao emprendemento armamentístico. Pérez explicou que no ano 2014 se adicaron a pagar a débeda e 105.000 millóns de euros e para este 2015 está prevista unha cantidade de 126.000 millóns de euros. Ademais remarcou que nos anos 2012, 2013 e 2014 o Ministerio de Defensa leva gastado, fora de orzamento, un total de 3.542 millóns de euros por riba do orzamentado. Tamén culificou a deputada nacionalista como opción ideolóxica o feito de conxelar os salarios dos empregados públicos e a opción de subir o mínimo que permite a lei as pensións nun 0,25 %. Rosan Pérez dixo que esta é unha partida importantísima para Galiza e sobre todo para Lugo onde un 1 de cada 5 habitantes son maiores do 65 anos.
O orzamento para Galiza
O investimento total, dos orzamentos do estado en Galiza, pasou dun 13,8% no 2014 a un 12,,4% previsto para o 2015. Esta é a realidade, a pesar de toda a propaganda do PP, Galiza perde un 1,4 % pero o permítese un incremento do 22% na débeda do estado. Rosana Pérez tamén explicou que a partida do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade redúcese nun 5,6% neste ano 2015 cando xa se reducira un 36% no ano 2014 cunha baixada nos investimentos de máis de 1.100 millóns de euros. O total do orzamento para Galiza é de 1320 millóns mais a deputada do BNG sostivo que básicamente se van destinar a infraestruturas como o AVE que consumirá 600 millóns en tramos fora de Galiza como é o tramo Olmedo Lubían Ourense.
Un artificio contable
Rosana Pérez aclarou que o máis grave é que o orzamentado para as infraestruturas para conectar Galiza con Madrid é un artificio contable e explicou que dise no propio documento dos orzamentos que dos fondos asignados para a construción do AVE, que no ano 2014 foron 571 millóns, so se van executar 353 millóns. Con este exercicio de arfificio contable para vender que aquí se invistementen moitos cartos cando todos os anos se deixa entre o 30 e o 40 % sen executar. Canto deixarán este ano? Concluiu Rosana Pérez.
As emendas do BNG
Rosana Pérez sinalou que o BNG presentara unha serie de emendas aos orzamentos entre as que se incluiu a solicitude dunha partida de 20 millóns de euros para a creación dun plan lácteo. O BNG solicitou, tamén, a recuperación do poder adquisitivo dos empregados públicos. Os nacionalistas pediron que se recortara nun 40% a asignación no IRPF á iglesia e que se diminuira nun 30 % a asignación á casa real. Dentro das propostas do BNG tamén se encontraban os recortes ao orzamento do Ministerio de Defensa e a redución do IVE cultural, na floricultura, e para as perruquerías.
A consulta catalana
A deputada do BNG en Madrid aproveitou para Dende o BNG parabenizar ao pobo catalán pola mostra de civismo e mobilización e dicir que desexamos que máis pronto que tarde o goberno español entenda que existen varios problemas territoriais que non poden quedar sen resolver. Para o BNG é fundamental que se siga traballando, dende os gobernos de Catalunya e Madrid, para poder lograr un referendum dialogado e con todas as vías legais coa que se tiña que ter producido.