“SE NON FORA POLO BNG NON SE FALARÍA NO PLENO DA GASOLINEIRA DAS SAAMASAS” AFIRMOU PAZ ABRAIRA

“SE NON FORA POLO BNG NON SE FALARÍA NO PLENO DA GASOLINEIRA DAS SAAMASAS” AFIRMOU PAZ ABRAIRA

IMG_5601A voceira do BNG afeoulle ao PSOE que non participe nas mobilizacións de defensa dos dereitos sociais ou contra os ataques de Israel a Palestina

Para o BNG resulta “un despropósito” que o PP manteña a petición de outra comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente que onte no pleno foi “cosmética” segundo Paz Abraira

Lugo, a 2 de setembro de 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo compareceu hoxe para analizar o resultado do pleno municipal celebrado onte. A edil nacionalista criticou a actitude de PSOE e PP por non ter aprobado a iniciativa presentada polo BNG para rexeitar os ataques de Israel contra o pobo palestino. Abraira dixo que “a pesares de que PP e PSOE condenaron a violencia de xeito xeral non se posicionaron con rigor en relación ao conflito de Palestina”. “Nin PP nin PSOE quixeron falar de asasinatos cando está claro que quen exerce a violencia é o estado de Israel” insistiu Abraira que tamén cualificou de “sorprendente” que o PSOE non acudira ás mobilizacións de apoio ao pobo Palestino en diferentes puntos do estado e tamén en Lugo.

En relación ao debate sobre a instalación dunha estación de servizo no centro comercial de As Saamasas Abraira sostivo que “PP e PSOE se enzarzaron nun rifirafe sobre o traballo dos funcionarios” e lembrou que “nin PP nin PSOE moveron un dedo para evitar a implantación desta gasolineira”. Ademais a voceira nacionalista afirmou que “se non fora polo bng a cuestión da gasolineira das Saamasas non se trataría no pleno”. “É a normativa do PP a que faculta a construir esta estación de servizo a  menos de 100 metros do río Miño” concluiu Paz Abriara que tamén lembrou, ao igual que onte no pleno, que “existe unha sentencia xudicial que di que non se pode instalar unha gasolineira neste centro comercial” pero agora, grazas á norma do dictada polo PP no goberno do estado, esta sentenza pode quedar sen efecto.

Abrira insistiu en calificar de “cosmética” a comparecencia voluntaria de Luis Álvarez. Para o BNG o edil de Medio Ambiente “fixo un resumo de feitos obviando intencionadamente detalles”. Paz Abraira referiuse ao feito de como o 18 de xuño non se lles detallara aos traballadores de Urbaser os puntos de alerta sanitaria. Paz Abraira mantivo que o goberno municipal estivo ao servizo da empresa e proba desto foi “a fortísima presenza policial se debeu a unha petición expresa da empresa Urbaser”. Para a edil do BNG “o máis asombroso foi a intervención de quen actuou como voceiro do PSOE que foi sindicalista con cargo dentro dun sindicato estatal”. Abraira afeulle a Manuel Núñez que calificara de “algaradas” ás mobilizacións dos traballadores por tratarse da “terminoloxía que utiliza a dereita para descalificar o movemento dos traballdores”.

A voceira do BNG referiuse ás ausencias de posicionamento do secretario xeral do PSdeG no referente á folga de recollida do lixo por que “sempre permanece mudo no pleno a non ser cando fai as súa grazas”. Para Paz Abraira quedou demostrado obxectivamente que “o PSOE atendeu unicamente os intereses de Urbaser”. Abraira comentou, tamén, que “algúns cidadáns preguntábanse cales eran os intereses do PSOE para no actuar contra esta empresa que tiña contrato con concello de Lugo”, “os intereses son os de Florentino Pérez” engadiu. A voceira do BNG criticoulle ao PSOE que non participe nas mobilizacións de defensa dos dereitos sociais ou contra os ataques de Israel a Palestina.

Para o BNG “é un auténtico despropósito que o PP manteña a petición de comparecencia do concelleiro de Medio Ambiente para o vindeiro pleno”. Paz Abraira afirmou que o único interese do PP é criminalizar o dereito á folga. Ademais Abraira acusou aos populares de manter a mensaxe de que “se lles repercutan aos traballadores os custos da folga” cando estó é unha auténtica barbaridade. A edil do BNG lembrou que o concello de Lugo non pechou o expedente que lle abriu á empresa Urbaser e que non se coñece cal é a composición da comisión que vai analizar cal é a parte que se lles vai descontar aos veciños no recibo. Paz Abraira sinalou, tamén, que “Luis Álvarez non se atreveu a decir no pleno de onte que se lle vai repercutir á empresa da protección policial”.

“SE NON FORA POLO BNG NON SE FALARÍA NO PLENO DA GASOLINEIRA DAS SAAMASAS” AFIRMOU PAZ ABRAIRA