O BNG ABRE AS CELEBRACIÓNS DO DÍA DA PATRIA CUN ACTO EN LUGO ESTE SÁBADO

O BNG ABRE AS CELEBRACIÓNS DO DÍA DA PATRIA CUN ACTO EN LUGO ESTE SÁBADO

cartaz día da patria lugoA responsábel comarcal, Esther López, apostou “por unha celebración unitaria do 25 de xullo, na que participemos todas as persoas que lle queremos a este país”

Haberá actuacións musicais e intervirá o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence

Lugo, 16 de xullo 2015. A responsable comarcal do BNG de Lugo, Esther López, anunciou hoxe que o BNG abrirá, en Lugo, as celebracións do Día da Patria cun acto na praza do Campo Castelo este sábado ás 13:00. Neste acto contará coa intervención do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence e da responsábel comarcal do BNG en Lugo, Esther López. Ademais está prevista a actuación do grupo de música tradicional Pingarela.

Esther López significou que “o BNG comparte a proposta xa expresada por diferentes voces do ámbito político, cultural e social do país instando a facer unha celebración unitaria do Día da Patria a todo o nacionalismo galego, organizado e non organizado, formacións políticas, colectivos, persoas a título individual e cidadanía no seu conxunto que compartan o sentimento de Galiza como nación”.

López, apostou “por unha celebración unitaria do 25 de xullo, na que estemos toda a xente que lle quere a este país”  e sinalou que “en todo caso, o Bloque fíxase como demanda política para o Día da Patria a defensa dos dereitos nacionais de Galiza na perspectiva dun novo contexto que, previsiblemente, se abrirá no conxunto do Estado”. López informou que o BNG está a celebrar a súa propia campaña por todo o país con actos festivos arredor da idea da “unidade” de Galiza e celebrará tamén o habitual certame do Festigal, dúas xornadas de conferencias, debates, intercambio de ideas e música na Alameda compostelá.

O BNG ABRE AS CELEBRACIÓNS DO DÍA DA PATRIA CUN ACTO EN LUGO ESTE SÁBADO