RUBÉN ARROXO VISITOU ÁS LIMPADORAS DA LIMPEZA E AFIRMOU QUE "NA ACTUALIDADE O CONVENIO CONTEMPLA SALARIOS INFERIORES AO SMI, PRECÍSASE ACTUALIZAR O CONVENIO PARA GARANTIR UN SALARIO DIGNO"

O BNG defenderá no vindeiro pleno municipal as reclamacións do sector da limpeza

Rubén Arroxo visitou ás limpadoras da limpeza e afirmou que "na actualidade o convenio contempla salarios inferiores ao SMI, precísase actualizar o convenio para garantir un salario digno"

O sector da limpeza leva en folga desde o pasado 16 de outubro, reclamando condicións de traballo dignas cun novo convenio

O BNG defenderá no vindeiro pleno municipal as reclamacións do sector da limpeza

 

Lugo, 22 de novembro de 2023. O BNG defenderá unha proposición no vindeiro pleno municipal para reclamar a mellora de condicións das traballadoras da limpeza, que levan en folga desde o pasado 16 de outubro. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou que este sector "da emprego na actualidade arredor de 1800 traballadoras, e o seu convenio colectivo actual rematou a súa vixencia o día 31 de decembro de 2021". As concelleiras e concelleiros do BNG visitaron a caravana instalada pola CIG nas inmediacións da Xunta de Galiza, e entregaron unha copia da moción presentada ás traballadoras en folga.

Arroxo afirmou que a limpeza "é un sector maiormente feminizado e precarizado, onde o 95% do persoal son mulleres maiormente contratadas a tempo parcial", e engadiu "isto supón unhas condicións laborais moi precarias fronte a unha patronal con empresas multinacionais con sede en Madrid e en mans das fortunas máis importantes do Estado".

Desde ese momento, hai case 2 anos, as traballadores e traballadores do sector están regulados por un convenio colectivo cuxas táboas salariais son inferiores ao marcado polo S.M.I. Tras meses de demanda pola parte social de reclamar á patronal a negociación dun novo convenio colectivo, demanda á que a patronal estivo dando largas para finalmente na primavera deste ano 2023 sentarse a negociar cunha proposta que suporía continuar por baixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Nesta situación as traballadoras reinvidican a sinatura dun convenio colectivo digno que garanta como mínimo superar o SMI e que garanta manter o poder adquisitivo en base a unha cláusula de revisión salarial, situación fronte á que a Patronal Estatal ASPEL actúa con absoluta pasividade.

 

O BNG defenderá no vindeiro pleno municipal as reclamacións do sector da limpeza