PARA O BNG “NON É POSITIVO QUE SE EXTENDAN DÚBIDAS SOBRE AS ACTIVIDADES DE QUEN DEBE VELAR POLA LEGALIDADE NO CONCELLO DE LUGO”
O BNG preguntará pola posible actividade docente da vice-secretaria municipal para opositores a prazas do concello
As informacións relacionadas coa posibilidade de que a funcionaria estivese impartindo clases para persoas que opositan a prazas do concello foi recollida pola prensa
Lugo, 8 de xuño de 2018. O BNG-AA presentará unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno Local en relación ás informacións publicadas sobre a posible actividade docente da actual vice-secretaria municipal dirixida a persoas que preparan oposicións para optar a prazas deste concello de Lugo. Para o BNG “non é positivo que se extendan dúbidas sobre as actividades de quen debe velar pola legalidade no concello de Lugo”.
O BNG pretende que se aclare se esta actividade se estaba a producir e se, no caso de ser así, o goberno municipal era coñecedor da situación. Segundo se fixo público, nun escrito presentado polo sindicato CIG pedíase ao Goberno Municipal que se investigase se a vicesecretaria do Concello estaba impartindo clases nunha academia nas que prepara a opositores para a policía local. A pesares de que a Lei permita esta actividade dende o BNG enténdese que “o goberno debe aclarar se é certo ou non que se producía esta actividade e se tiña coñecemento da mesma”.
Resulta preocupante para a formación nacionalista, “que se poidan xenerar dúbidas sobre a posible influencia deste cargo de responsabilidade á hora da elaboración das bases para a convocatoria das prazas e de posibles tratos de favor”. Para o BNG “ten que ser a alcaldesa ou algún responsable do goberno municipal quen dea as correspondentes explicacións ante o resto das formacións que forman parte da corporación xa que se trata da reputación do concello como institución”.