O BNG RECLAMA 1 MILLÓN DE EUROS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DA TINERÍA

O BNG RECLAMA 1 MILLÓN DE EUROS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DA TINERÍA

O PP destinou para Lugo 60.000 € para rehabilitación de núcleos rurais e cascos históricos fronte ao millón de euros que lle correspondería para este ano

A falta de investimentos supón o abandono, por parte da Xunta, das obras de rehabilitación do barrio da Tinería un barrio que “hai que rehabilitar e tamén rehabitar”

Lugo, a 9 de xaneiro de 2013. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, informou que o BNG presentou unha emenda parcial aos orzamentos da Xunta para o ano 2013 reclamando un millón de euros para a rehabilitación do barrio da Tinería. Pombo dixo que o BNG presenta esta emenda “para que o goberno da Xunta cumpra os seus compromisos con Lugo”. Cosme Pombo sinalou o drástico recorte que estaban a sufrir os orzamentos da xunta en matería de vivenda. A cantidade que estaba prevista esta partida para o ano 2013 no documento dos orzamentos do ano 2012 era de 1.400.000 € mentres que agora, nos orzamentos de 2013, aparecen somentes 275.000 €. Desta cantidade global a Lugo corresponderanlle 60.000 € o que significa, segundo Pombo, “unha paralización total das obras de rehabilitación do barrio da Tinería”. E lembrou que este proxecto de rehabilitación recibiu un premio das Nacións Unidas.

A falta de orzamento para a rehabilitación do barrio da Tinería supón a paralización dunhas obras necesarias para unha zona con posibilidades de desenvolvemento e creación de emprego no sector da hostalería e turismo. Cosme Pombo insistiu en que “esta zona precisa investimento para a rehabilitación da vivenda e do comercio”. O parlamentario nacionalista lembrou que “o barrio conta con 12 baixos rematados propiedade da consellería que hai que darlles uso para impulsar a actividade económica na zona ” e engadiu que “compre a rehabilitación da Tinería xa que é forma parte do casco histórico da cidade e está ao carón dun monumento patrimonio da humanidade”.

Os orzamentos da xunta para este ano 2013 reduciron drásticamente as partidas destinadas a vivenda. As partidas destinadas a facilitar o acceso á vivenda pararon de preto de 50 millóns de euros no ano 2012 a pouco máis de 23 millóns de euros neste ano 2013. O mesmo ocorre coas partidas adicadas a fomento da rehabilitación e da calidade da vivenda que no ano 2012 contaban con preto de 25 millóns de euros e neste ano contarán con menos de 14 millóns de euros. Esto supón un recorte de case o 50 % en dúas partidas fundamentais para conservar o parque de vivendas do país e facilitar o acceso á vivenda a aquelas persoas que pretenden adquirir a súa primeira vivenda.

 

O BNG RECLAMA 1 MILLÓN DE EUROS PARA A REHABILITACIÓN DO BARRIO DA TINERÍA