OLALLA RODIL PRESENTARÁ UNHA EMENDA AOS ORZAMENTOS DA XUNTA DO ANO 2017 PARA “CONSEGUIR OS 300.000 EUROS NECESARIOS PARA DOTAR O EDIFICIO”

O BNG reclama a posta en funcionamento da residencia de maiores do Cádavo - Baleira

IMG_1668

O edificio da residencia e centro de día do Cádavo-Baleira foi rematado fai aproximadamente un ano e aínda non se puxo en servizo

O BNG reclama a posta en funcionamento da residencia de maiores do Cádavo - Baleira

Lugo, 29 de decembro de 2016. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou o concello de Baleira acompañada de representantes do BNG nos concellos da Montaña para coñecer a situación na que se atopa o edificio da residencia e centro de día do Cádavo-Baleira. Este edificio foi rematado fai aproximadamente un ano e aínda non se puxo en marcha por falta de dotacións e pola inacción do goberno galego.

A vicevoceira do BNG no Parlamento Galego sinalou que "neste edificio investironse máis de 1,3 millóns de euros e agora está vacio, sen actividade e sen atender os servizos para os que foi previsto". Para a posta en marcha da residencia e centro de día do Cádavo-Baleira compre acometer a dotación do mesmo, que está valorada nuns 300.000 euros, e afrontar todo o relativo á xestión e posta en marcha con persoal e servizos necesarios.

Olalla Rodil explicou que “neste caso vemos, unha vez máis, como o PP tivo interese en facer a obra para dar beneficio ás empresas construtoras pero agora non interesa a posta en marcha da residencia nin do centro de día”. Rodil, que mantivo unha xuntanza co representantes do BNG dos concellos da zona da montaña para analizar as necesidades e posibilidades de atención á terceira idade que se dan nesta comarca.

“Queremos que o PP nos explique por que está sen abrir esta residencia nun concello onde gobernaron dende o século pasado e no que parece que non lles preocupa que un edificio permaneza pechado e deteriorándose mentres moitas persoas que o precisan carecen do servizo para o que foi construído” afirmou Olalla Rodil. Olalla Rodil presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta do ano 2017 para “conseguir os 300.000 euros necesarios para dotar o edificio”.

O BNG reclama a posta en funcionamento da residencia de maiores do Cádavo - Baleira