MAITE FERREIRO SINALOU QUE “A NULA CAPACIDADE DE XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL PERXUDIQUE ÁS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES QUE TRABALLAN EN LUGO POLA CULTURA”

“O tecido asociativo cultural quedou se as axudas do concello de Lugo no 2016” lamentou Maite Ferreiro

IMG_0844

No ano 2015 a partida adicada ás axudas de concorrencia competitiva para cultura foi de 24.500 euros e moitas delas aínda están sen pagar

“O tecido asociativo cultural quedou se as axudas do concello de Lugo no 2016” lamentou Maite Ferreiro

Lugo, 2 de xaneiro 2017. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, denunciou hoxe que o goberno municipal “non foi capaz, por primeira vez en moitos anos, de convocar as axudas para as entidades, asociacións e colectivos que traballan no eido cultural neste concello de Lugo”. “O tecido asociativo cultural quedou se as axudas do concello de Lugo no 2016” lamentou Maite Ferreiro e sinalou que “a nula capacidade de xestión do goberno municipal perxudique ás asociacións e entidades que traballan en Lugo pola cultura”.

Ferreiro reclamou que se rematen de pagar as axudas do ano 2015 e adiantouse ao que pode suceder neste ano 2017 “pedimoslle ao goberno municipal que se poña a traballar para convocar as axudas de cultura deste ano 2017 o antes posible e permitir así que os colectivos e asociacións que  traballan na cultura conten coas axudas que lles corresponden”.

Maite Ferreiro explicou que “as axudas que recibían os colectivos culturais por esta vía facían posible que se mantivese viva moita da actividade cultural da cidade e das parroquias de Lugo”. No ano 2015 a partida adicada ás axudas de concorrencia competitiva para cultura foi de 24.500 euros e “ao igual que sucede con moitas outras partidas que quedan sen executar, estes cartos engrosarán os remanentes que o PSOE utilizará no anos das eleccións municipais para comprar favores e facer política caciquil de asfaltado de pistas e colocación de farolas”.

Para o BNG-AA “esto é un indicativo máis do desleixo do PSOE no relativo á xestión cultural no concello”. A edil nacionalista lembrou que “neste momento a área de cultura carece de xefatura de servizo e a banda de música continúa sen dirección, e esto é responsabilidade da concelleira de cultura e da alcaldesa que tampouco saben a que van dedicar o centro cultural previsto no edificio do antigo cárcere, nin atopa unha vía de utilización do MIHL, nin resolven o futuro do edificio do Cuartel de San Fernando, nin negocian coa Xunta de Galiza a dotación do novo auditorio, nin son capaces de rematar o edificio da biblioteca da Piringalla”.

“O tecido asociativo cultural quedou se as axudas do concello de Lugo no 2016” lamentou Maite Ferreiro