OLALLA RODIL REIVINDICOU EN LUGO O “USO SOCIOSANITARIO” DA VELLA RESIDENCIA E IMPEDIR QUE O EDIFICIO CONTINÚE DETERIORÁNDOSE “CINCO ANOS MÁIS”
Emenda do BNG aos orzamentos da Xunta para recuperar o edifico da antiga Residencia
“Trátase de vontade política e de asignar os fondos necesarios para que o edificio volvar dar servizo ás persoas que o precisan” afirmou a parlamentaria do BNG
Lugo, 22 de xaneiro de 2017. A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Olalla Rodil informou que o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para o 2017 “encamiñada a que se destinen os fondos necesarios para poñer en uso o edificio da antiga Residencia de Lugo”. Dende o BNG, dixo Olalla Rodil “queremos ofrecer alternativas aos problemas das persoas e un exemplo, no caso de Lugo, e este edificio que quedou abandonado e para o que o PP demostra que non ten ineterese, nin un proxecto concreto”.
Ademais, denunciou que a vella residencia “atopase abandonada” e reclamou o seu uso sociosanitario para acoller o desdobramento do centro de saúde co fin de atender esta área da cidade e crear un centro para persoas maiores dadas de alta no hospital que necesitan un período de tránsito. “É unha obriga do Goberno galego que Lugo conte con servizos sociais e sanitarios de calidade”. “Trátase de vontade política e de asignar os fondos necesarios para que o edificio volvar dar servizo ás persoas que o precisan” afirmou a parlamentaria do BNG
Finalmente, Rodil explicou que o vello hospital xa contempla nos Orzamentos da Xunta unha partida de 1,8M€ no ano 2012 para crear o Laboratorio de saúde pública que non se chegou a executar “estas son as mentiras ás que xa, desgrazadamente, nos ten acostumadas o goberno de Feijoo” e engadiu “imos emendar, unha vez máis, os orzamentos do goberno do PP na Xunta pedindo fondos para Lugo, e sabemos que non van aceptar a nosa proposta por que o obxectivo do PP non é atender ás persoas se non favorecer negocios multimillonarios como o da privatización da sanidade”.