Maite Ferreiro presenta LED, ciclo de programación cultural arredor da danza e das artes do movemento
Maite Ferreiro: “Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”
Maite Ferreiro: “Queremos apostar polo traballo das artistas galegas, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas”
Lugo, 02 de xaneiro de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou, dentro da programación do auditorio Gustavo Freire, o ciclo Lugo é Danza. “LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, indicou Maite Ferreiro.
“O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “cada artista convidada ofrecerá un obradoiro aberto previo á función, e mensualmente realizaranse palestras divulgativas en distintos espazos da cidade”.
“Continuamos a traballar na programación mentres esperamos a que a Xunta se pronuncie ao respecto do Novo Auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “hai aínda actividades que non presentamos por estaren aínda en proceso de deseño”
Programación Lugo En Danza
- Mercedes máis eu, de Janet Novás. 10 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
- Up2down, de Traspediante. 7 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
- 3 pezas curtas: Novos Creadores, de Alba F. Cotelo, Em.Na, de Colectivo Glovo e Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte. 7 de marzo ás 20:30 horas no MIHL
- As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta. 3 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
- Leira, de Nova Galega de Danza. 24 de abril horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
- Hara, de Andrés Corchero. 29 de maio ás 20:30 horas no MIHL
Programación de teatro e música para público adulto e familiar
- Patapum, de Elefante Elegtante, 12 de xaneiro
- Curva España, de Chévere, 19 de xaneiro
- Trogloditas, de Tanxarina Títeres, 26 de xaneiro
- Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, 29 de xaneiro
- Feo, de Caramuxo Teatro, 2 de febreiro
- Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro
- Pinconús, de Pinconús, 5 de abril
- Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril
- Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril
- Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio
- Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio
- Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio
- Crunch, de Muu, 31 de maio
- O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño
Resto de programación
Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo
Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo
Mostra de teatro universitario: última semana de marzo
Semana da danza: última semana de abril