A DEPUTADA DO BNG AFIRMOU QUE ESTA DECLARACIÓN OUTORGA "UNHA ALFOMBRA VERMELLA" PARA A INSTALACIÓN DESTA PLANTA "A MENOS DE 500 METROS DAS CASAS, CANDO A DISTANCIA MÍNIMA MARCADA POLA UE É DE 1,5KM"

Montserrat Valcárcel: "A Xunta pode paralizar a planta de biometano de Coeses, é preciso que comecen a dar pasos como retirar a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE)"


A deputada do BNG afirmou que esta declaración outorga "unha alfombra vermella" para a instalación desta planta "a menos de 500 metros das casas, cando a distancia mínima marcada pola UE é de 1,5Km"

O BNG continuará a defender á veciñanza afectada pola planta que reclama a paralización deste proxecto

Montserrat Valcárcel: "A Xunta pode paralizar a planta de biometano de Coeses, é preciso que comecen a dar pasos como retirar a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE)"



Lugo, 31 de xaneiro de 2025. A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, insistiu en que "a Xunta pode paralizar a planta de biometano de Coeses", e afirmou que "está na súa man comezar a tomar decisións na defensa da veciñanza, como retirar o carácter prioritario que supón ser Proxecto Industrial Estratéxico".

Montserrat Valcárcel levou as reclamacións da veciñanza este mércores no Parlamento Galego, onde estiveron presentes uns 60 veciñas e veciños de Cuíña, Soñar, Piugos, Santa Comba, Nadela e Conturiz, lugares próximos á zona de onde está planificada esta planta, situada a menos de 500 metros das casas. Valcárcel lembrou que a UE sitúa a distancia mínima a 1,5 km, e os expertos van máis aló e recomendan a súa colocación a máis de 3 km. E, que todo se vai facer para unha planta que vai dar soamente 5 postos de traballo.

Para levar a termo este proxecto é imprescindible a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva, pero si esta se outorgara, coa modificación da Lei empresarial sendo un PIE o concello de Lugo tería que darlle a licenza, non ten posibilidade de negarse, xa que así o di a Lei, polo tanto a decisión desta planta de Biometano que se localiza nun terreo forestal e na que se lle reducen á metade os trámites autonómicos é soamente decisión da Xunta de Galiza.

Valcárcel lembrou que no 2021 outorgouselle a esta planta a categoría de Iniciativa Empresarial Estratéxica e coa modificación da Lei de fomento de iniciativas empresariais 7/2022 pasou a ser un PIE. Isto outorgalle "unha alfombra vermella" para a instalación desta planta, que "se proxecta a menos de 500 metros das casas, cando a distancia mínima marcada pola UE é de 1,5Km"
 
A planta prevé procesar 53.000 toneladas ao ano dunha mestura de residuos orgánicos de matadoiros, industrias de carne, peixe e leite, que, segundo recoñecen nos propios informes da empresa emitirá cheiros durante as 24 horas todos os días do ano e cun vertido de 100 m3 ao día de augas residuais ao regato de Vilalbite e logo ao río Miño.

Montserrat Valcárcel: "A Xunta pode paralizar a planta de biometano de Coeses, é preciso que comecen a dar pasos como retirar a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico (PIE)"