“O DOS SERVIZOS DO HULA É UNHA BURLA A LUGO DE CASTIÑEIRA, DE FEIJOO E DO PP” DIXO RUBÉN ARROXO

“O DOS SERVIZOS DO HULA É UNHA BURLA A LUGO DE CASTIÑEIRA, DE FEIJOO E DO PP” DIXO RUBÉN ARROXO

IMG-20150424-WA0001O Candidato do BNG-Asambleas Abertas sumouse á iniciativa posta en marcha por diversos colectivos lucenses para reivindicar a dotación de servizos no HULA

“Coñecemos mellor ca ninguén cales os problemas da sanidade por que na nosa candidatura hai profesionais de moitas ramas do ámbito sanitario” afirmou Rubén Arroxo

Lugo, 25 de abril 2015. Rubén Arroxo e as persoas vencelladas ao ámbito sanitario que forman parte da candidatura do BNG – Asambleas Abertas no concello de Lugo sumaronse á iniciativa posta en marcha por diversos colectivos lucenses para reivindicar a dotación de servizos no HULA.  Para o BNG- Asambleas Abertas resulta “intolerable” a actitude do partido popular con Lugo. “Non pode ser que Feijoo mande a Lugo a súa conselleira a insultar a intelixencia dos lucenses” asegurou o candidato á alcaldía Rubén Arroxo. Os nacionalistas deixaron patente o seu compromiso no referente á implantación do servizo de hemodinámica as 24h.

O candidato á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo denominou a Jaime Castiñeria como “o traidor maior de Lugo” e sinalou que “non pode representar aos lucenses, nin chegar á alcaldía”. Para o candidato nacionalista “sería ben lamentable que as bases do partido popular apoien a un candidato coma este home que está máis preocupado por ter contento a Feijoo que por defender a saúde da xente de Lugo”.

Arroxo afirmou que “coñecemos mellor ca ninguén cales os problemas da sanidade por que na nosa candidatura hai profesionais de moitas ramas do ámbito sanitario” e referiuse á presenza na candidatura do BNG de persoas como os representantes de traballadores da sanidade a través CIG, Carme Aira e David Vázquez, a doctora, Andrea Galego, ou o persoal de enfermería, Cristina Ferreiro, Paco Villanueva e Carmén Pérez.

“O DOS SERVIZOS DO HULA É UNHA BURLA A LUGO DE CASTIÑEIRA, DE FEIJOO E DO PP” DIXO RUBÉN ARROXO