O BNG ORGANIZA UNHA ASAMBLEA SOBRE OS REQUERIMENTOS DE FACENDA A EMIGRANTES QUE RETORNARON

O BNG ORGANIZA UNHA ASAMBLEA SOBRE OS REQUERIMENTOS DE FACENDA A EMIGRANTES QUE RETORNARON

Os nacionalistas piden “xustiza” e o “dereito a pensións dignas” para as persoas que no seu momento tiveron que emigrar e puideron voltar a Galiza

A Facenda do estado español obriga aos afectados e afectadas a facer unha declaración dos ingresos percibidos dende o ano 2008 e pagar a totalidade resultante nun prazo de 10 días

Lugo, 27 de agosto de 2013. O BNG organiza unha asemblea informativa para todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española a quenes estiveron emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros países. A asemblea celebrarase ás 20:00 horas no Salón de Actos de Sindicatos no número 58 da ronda da Muralla. Segundo manifestaron responsábeis do BNG “milleiros de emigrantes galegos retornados, con pensións do estranxeiro, están a recibir estes requirimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de posíbeis sancións, mentres aos auténticos defraudadores fiscais concédeselles a amnistía dende o Goberno español”.

O BNG organiza esta asemblea informativa xa que as afectadas e afectados descoñecían estas obrigas tributarias. Para os nacionalistas “esta decisión é inxusta e o feito de impoñer sancións é inmoral por que afecta a un colectivo que percibe pensións baixas despois de traballar toda unha vida”. Agora a Facenda do estado español obriga aos afectados e afectadas a facer unha declaración dos ingresos percibidos dende o ano 2008 e pagar a totalidade resultante nun prazo de 10 días.

O BNG presentou iniciativas no Parlamento Galego pedindo que se revogen os expedentes de cobro xa iniciados así como a anulación dos expedentes sancionadores. Outra das demandas dos nacionalistas van contra o cobro abusivo de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria Española. O BNG solicitará, do Goberno español, unha modificación da Lei para garantir a igualdade de trato para os emigrantes retornados.

O BNG ORGANIZA UNHA ASAMBLEA SOBRE OS REQUERIMENTOS DE FACENDA A EMIGRANTES QUE RETORNARON