O BNG ALERTA SOBRE O RISCO DE INCENDIO NA ZONA DA CHEDA E MARQUES DE OMBREIRO
O concello debe de actuar para que os propietarios das fincas procedan á súa limpeza
En anos anteriores xa se produciron lumes nesta zona, próxima a vivendas e a unha gasolineira
Lugo, 11 de agosto de 2013. O BNG, ante a preocupación de veciños e veciñas, alerta sobre o estado de abandono e a proliferación de maleza en fincas particulares situadas na zona da Cheda e Marques de Ombreiro. Toda a materia vexetal que medrou e que se atopa acumulada nestas parcelas constitúe un importante risco de incendio. A edil nacionalista Paz Abraira lembrou que en anos anteriores xa se produciron incendios nesta zona que tiveron que ser controlados polo servizo de bombeiros.
O BNG dirixiuse ao goberno municipal para chamar a súa atención sobre esta situación e para que se tomen as oportunas medidas de cara a evitar que se repitan os incendios de anos anteriores que causaron a preocupación entre veciños da zona e conseguinte perigo. O BNG solicita que o concello se poñan en contacto cos propietarios para proceder á limpeza das parcelas non urbanizdas exietentes no entorno do barrio da Cheda e Marques de Ombreiro.
A zona situada por debaixo da rúa Marques de Ombreiro, entre o barrio da Cheda e a N-VI, ocupa preto de 4 ha. de terreo dos cales unha gran porcentaxe deixaron de ser terras de cultivo e se atopan abandonados. Esta zona esta invadida por vexetación expontánea e plantas herbaceas que susceptibles de converterse en combustible nesta época do ano pola seca e as altas temperaturas.