Maite Ferreiro preside unha nova xuntanza da Comisión de festas, que aprobou as propostas de Pregoeira e Oferente a Rosalía
Ferreiro: "Este ano contaremos coa artista multidisciplinar Luz Darriba para dar comezo ás festas, coincidindo co 25 aniversario do Proxecto Cumulum"
A ofrenda a Rosalía correrá a cargo da artesá Marga Portomeñe e da escritora Ana Carreira
Maite Ferreiro afirmou que "estas tres mulleres renderán homenaxe á importancia de Lugo na cultura galega actual"