Concello de Lugo
Novas

Maite Ferreiro presenta o Lugo Music Festival, o primeiro encontro multidisciplinar de eventos musicais que acolle a cidade de Lugo

Entre o 21 e o 28 de agosto, as rúas de Lugo acollerán concertos cunha gran variedade de estilos

Ao mesmo tempo, celebrarase un campus-concurso de dirección e canto a cargo do director de orquestra Cristóbal Soler e da mezzosoprano Lorena Valero

A área de Cultura colabora coa asociación Músico Crisanto na organización das actividades

Ler novas
Novas

Lugo lembra a todas as persoas represaliadas polo franquismo no 80 aniversario da celebración do Día da Galiza Mártir

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura: “continuamos a manter viva a memoria das persoas que foron asasinadas por defender os seus dereitos”

Efrén Castro, deputado de Memoria Histórica: “as institucións temos o deber de lembrar a todas as mártires da liberdade da historia do noso pobo”

 

O Concello de Lugo acordou institucionalizar o día da Galiza Mártir en febreiro de 2020

 

Ler novas
Novas

Comeza a colocación do novo mobiliario urbano de Recatelo

"A veciñanza xa pode desfrutar dunha nova zona completamente renovada entre o centro da cidade e o parque de Rosalía", explicou Rubén Arroxo

Na mañá de hoxe comezou a instalación dos novos bancos, e nos vindeiros días instalaranse tamén unha serie de xardineiras na zona

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo anuncia que este venres entran en funcionamento unha serie de modifiacións puntuais no bus urbano

Rubén Arroxo: “trátase de pequenos cambios realizados para aumentar a eficiencia das liñas, recollendo varias peticións veciñais que permitirán mellorar o servizo”

O Tenente Alcalde destacou que “con estes pequenos cambios melloraremos a calidade de vida vida das veciñas e veciños, ao garantir mellores conexións en bus”

As modificacións aprobáronse na mesa de transporte celebrada o pasado mes de marzo, e entran en funcionamento despois de realizarse o proceso administrativo para modificar os percorridos do bus

Ler novas
Novas

A Praza de Abastos acolle o torneo de futbolín “Maestros del Norte”, que achegará a Lugo a máis de 400 xogadores e xogadoras

O torneo, organizado pola Asociación de Amigos do Futbolín en colaboración coa área de Participación, acollerá a celebración dunha proba do campionato estatal

Cristina López: “continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza de Abastos, ampliando a oferta de ocio da cidade nesta ponte“

A cita celebrarase na Praza de Abastos entre o 13 e o 15 de agosto, e o acceso será gratuíto

Ler novas