Rubén Arroxo: “a rehabilitación da Tinería leva paralizada 4379 días”
O portavoz do BNG lembrou que o proxecto foi iniciado cando o BNG estivo no goberno da Xunta “e foi abandonado coa chegada de Feijoo ao goberno”
O portavoz do BNG lembrou que o proxecto foi iniciado cando o BNG estivo no goberno da Xunta “e foi abandonado coa chegada de Feijoo ao goberno”
A ampliación sairá a contratación por 104.559,46€ e un prazo de realización de un mes
Lugo, 04 de novembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou, xunto con veciñanza da zona, o cruce entre as rúas Conde e Río Sil, onde no día de hoxe se realizou a instalación temporal dunha rotonda para comprobar o seu funcionamento neste cruce. “Cos datos que se recollan decidirase se continuar adiante coa sinalización definitiva dunha rotonda ou é preciso buscar outro tipo de solución”, declarou Alexandre Penas.
A concellería de Infraestruturas Urbanas contará coas observacións da empresa adxudicataria do pintado da sinalización horizontal e dos datos que recollan tanto o servizo de Enxeñaría do Concello como a Policía Local acerca da maniobrabilidade e da mellora na circulación que produza esta solución. “Trátase dun dos puntos con máis colisións de vehículos da cidade ao que queremos dar a mellor solución posíbel, atendendo ao mesmo tempo ás solicitudes da veciñanza da zona”.
Neste curso non se aumentará o número de prazas para garantir o cumprimento dos protocolos
A área de Infraestruturas renovará as canalizacións e a instalación eléctrica e mudará as actuais luminarias por LED para reducir o consumo enerxético
Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza coa veciñanza da zona, onde se propuxo que a peonalización forme parte dos vindeiros orzamentos municipais
A programación inclúe contidos clásicos do San Froilán adaptados á situación sanitaria como a Letra das Festas da AELG ou a presenza dos Pelúdez polo centro da cidade
“57 agrupacións locais protagonizarán esta programación na que todas as veciñas e veciños de Lugo terán algún contido que se adapte ao seu gusto”, explicou Maite Ferreiro
A xornalista Tonina Gay dará comezo á semana cultural co pregón, que se poderá seguir en directo por Radio Voz e pola COPE
“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro