Lugo lembra a Rosalía no 187 aniversario do seu nacemento
As concelleiras e concelleiros do Goberno de Lugo participan nos actos do Día de Rosalía organizados pola área de Cultura e a AELG
Maite Ferreiro destacou a figura "moderna, poderosa e valente" de Rosalía, que a converten "nunha das mellores figuras que nos definen como pobo"
Olalla Rodil: "O 18 de febreiro alcanzamos un resultado histórico, é a primeira vez que Lugo ten catro deputadas do BNG"
As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo participaron nun almorzo informativo con medios de comunicación, onde fixeron unha valoración dos resultados
"Temos máis empuxe ca nunca para seguir defendendo Lugo e a vida das nosas veciñas e veciños", afirmou Olalla Rodil
Olalla Rodil: "Galiza é a novena potencia europea en producción de madeira, precisamos xerar máis riqueza e valor engadido a través do peche de ciclos productivos"
A candidata do BNG participou hoxe en dous encontros con representantes do sector forestal, onde presentou as propostas do BNG "para beneficiar o sector e mellorar as condicións de traballo das máis de 20.000 persoas que se adican á madeira"
Rodil: "O forestal é un sector estratéxico para o presente e o futuro do noso país e de Lugo, onde se realizan a metade das cortas de toda Galiza, temos que cambiar o modelo e transformar nós a madeira"
A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza, o apoio ao BNG garante superar os 15 anos dun PP que non apostou polos nosos sectores productivos"
Olalla Rodil visitou a feira do Butelo en Fonsagrada e asegurou "en Lugo, e por poucos votos, vaise xogar o cambio necesario no goberno da Xunta"
Rodil anunciou "con Ana Pontón como presidenta da Xunta de Galiza levaremos a cabo un plan específico para Eventos Turísticos Sectoriais e Festas Enogastrónomicas"
A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza é a oportunidade para superar o que queda dun PP que nos deixa sen sanidade pública, miles de persoas se están manifestando agora mesmo en Compostela, unha sanidade pública pola que levades loitando semana tras semana aquí na Fonsagrada"
Daniel Castro: "Os 15 anos do PP fixeron que a mocidade teña que escoller entre a precariedade e a emigración, un goberno do BNG permitiranos desenvolver o noso proxecto de vida na Galiza"
Castro participou nun encontro de mocidade organizado por Galiza Nova en Lugo
"As políticas de mocidade deben ser políticas integrais e transversais, desde todos os departamentos do Goberno Galego para así garantir unha boa execución e a mellora da calidade de vida das mozas e mozos de Galiza", afirmou Daniel Castro
"A partir do 18 de febreiro o Goberno da Xunta co BNG e Ana Pontón de presidenta apoiará a conservación e promoción das distintas razas autóctonas de Galiza", afirmou Olalla Rodil
A cabeza de lista do BNG por Lugo visitou a V Feira de Razas Autóctonas do Valadouro, "unha actividade importante para a promoción do noso patrimonio natural"
Rodil anunciou un plan de protección e recuperación do cabalo galego de monte "atendendo ao seu importante papel na preservación de hábitats de interese prioritario"
"Imos a por todas para volver poñer a Lugo no mapa tras 15 anos de esquecemento por parte do PP", afirmou Olalla Rodil
O BNG presentou o cartaz de campaña nun acto que contou coa presencia de simpatizantes e militantes de toda a comarca
Rodil: "O 18 de febreiro Ana Pontón será a primeira presidenta da Xunta de Galiza, desde o BNG estamos preparadas para asumir a responsabilidade de mellorar a vida das galegas e galegos"
A Tenencia de Alcaldía colabora coa Feira do Entroido de Nadela
Haberá saída de autobuses gratuítos dende diante do Instituto Femenino cada media hora con parada e volta dende o Campo da Feira de Nadela
Cristina López: "As feiras tradicionais desempeñan un papel crucial na preservación da cultura e o patrimonio, ao tempo que fomentan o comercio local e a sostibilidade"
Olalla Rodil anuncia unha lei galega do viño "adaptada ás particularidades do noso sector vitivinícola"
A candidata do BNG mantivo un encontro co presidente do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra en Monforte de Lemos
"Desde o BNG traballaremos para defender os intereses das produtoras e produtores deste país a partir do 18 de febreiro co cambio de goberno na Xunta de Galiza", afirmou Olalla Rodil