institucional
Novas

O BNG lanzará unha ofensiva institucional para amosar o rexeitamento ao novo modelo imposto pola Xunta co canon de Sogama

A deputada do BNG, Olalla Rodil, xunto co Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, a deputada provincial Iria Castro e a alcaldesa de Samos, María Xesús López, valoraron a nova proposta da Xunta e Sogama

O BNG califica o novo canon de Sogama como "un sistema obsoleto que suporá un sobrecusto aos concellos"

Olalla Rodil lembrou que "o BNG conseguiu a unanimidade da FEGAMP para rexeitar o modelo impulsado polo PP e Sogama"

Rubén Arroxo puxo o exemplo do Concello de Lugo, "onde cada ano facemos un esforzo moi importante para asumir os preto de 20 millóns de euros que supoñen as competencias que a Xunta deixa de lado"

Ler novas
Novas

O BNG presenta unha declaración institucional para declarar “persoas non gratas” aos membros da Manada

O BNG busca que Lugo se sume á proposta que o Concello de Pontevedra lle transmitiu á FEGAMP

“Non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou Maite Ferreiro

 

Lugo, 26 de xuño de 2018. O BNG de Lugo súmase á iniciativa do Concello de Pontevedra e levará ao vindeiro pleno municipal unha declaración institucional na que busca o apoio do resto de grupos para declarar aos membros da Manada como “persoas non gratas” no noso municipio. Este luns o Concello de Pontevedra trasladaba esta proposta á Federación Galega de Municipios e Provincias co fin de que todas as localidades levasen adiante esta declaración. A concelleira nacionalista, Maite Ferreiro, trasladou ao resto de grupos esta proposta facendo fincapé na necesidade de amosar un rexeitamento contundente dende as institucións a este tipo de actitudes machistas “non queremos que ao noso Concello se poidan achegar este tipo de individuos que se dedican a abusar e incluso a violar mulleres” afirmou a edil, lamentando que a xustiza deixe na rúa a unhas persoas que son claramente reincidentes e sen cumprir a súa pena.

Ler novas