Continúan as actividades no Cemiterio Municipal pola festividade de Santos “para mostrar a súa cara máis cálida e emocional”
O ciclo de visitas “E logo ti... Quen vés sendo?” continúa este domingo ás 19 horas
O ciclo de visitas “E logo ti... Quen vés sendo?” continúa este domingo ás 19 horas
A Concellería de Educación aumentará o orzamento en mantemento para os centros escolares
Os postos están ocupados pero a súa adxudicación está caducada, agora poderán solicitalos os actuais ocupantes ou outras persoas que queiran explotalos
A interpretación de “Don Juan Tenorio” terá lugar o 9 de novembro
Lugo, 24 de outubro de 2019. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “segundo un informe de facenda local, por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago”.
Cristina López indicou que dende a área de Participación se está a traballar en ofertar os postos que se deron de baixa nos últimos tempos. Un total de 13 postos na Praza de Abastos, 13 no Mercado Municipal, 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. Segundo declarou a concelleira, “na actualidade o prego está redactado e trasladado ao servizo de intervención para a súa tramitación”.
Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.
Maite Ferreiro: “tras o éxito do San Froilán, continuamos a traballar para que a Banda Municipal sexa un orgullo para a veciñanza de Lugo”