penas
Novas

Alexandre Penas e Maite Ferreiro inauguraron a mostra gandeira ExpoLugo


Maite Ferreiro: "Traemos esta mostra ao centro da cidade, facilitando que a veciñanza poida visitar esta mostra que pon en valor o traballo das gandeiras e gandeiros e reforza o orgullo do rural"

Ferreiro agradeceu a colaboración das asociacións gandeiras e convidou a achegarse a esta mostra, que está ubicada no Cantiño Nemesio Cobreros ao longo da fin de semana

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coas directivas dos centros do Campus Terra, que reclaman o amaño da Avenida Filarmónica Lucense


Penas trasladou á comunidade universitaria o apoio do Concello de Lugo a esta reclamación: "traballaremos xunto coa Deputación para garantir que se atendan estas reclamacións o antes posible"

"Temos constatado a necesidade desta actuación encaixando á perfección co traballo realizado ata agora polo Concello de Lugo", explicou Rubén Arroxo

Ler novas
Novas
IMG_0011

Alexandre Penas visita os traballos de consolidación da Ponte Romana de Lugo

Reforzarase a estrutura da ponte e substituiranse os sillares danados, nunha actuación que ten como data de remate prevista o vindeiro 5 de outubro

A ponte sufrirá cortes no tránsito peonil durante as horas de traballo, previsto entre as 9 e as 16 horas

Alexandre Penas: "desde a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo traballamos para garantir o mellor estado de conservación da Ponte Romana, un Ben de Interese Cultural que se atopa nunha zona de especial protección"

Ler novas