O Goberno de Lugo renova o asfalto na pista de Marcelle, no barrio da Piringalla
Rubén Arroxo: "seguimos traballando para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das zonas urbanas e periurbanas"
Rubén Arroxo: "seguimos traballando para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños das zonas urbanas e periurbanas"
Alexandre Penas: "trátase dunha solicitude das veciñas e veciños, que precisaba de mantemento debido ao avanzado estado de desgaste que presenta”
A concellería de Infraestruturas renovará a capa de rodadura con mestura bituminosa en quente
Alexandre Penas: “xunto coa mellora das pavimentacións realizaranse mantementos nas beirarrúas para facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños”
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a obra “esta intervención suporá para o barrio unha mellora na accesibilidade e a seguridade”
A área de infraestruturas e mobilidade recolleu esta demanda por parte da veciñanza a cal xa foi aprobada
Colocáronse pasos de peóns elevados no entorno do colexio Luís Pimentel
Lugo, 09 de agosto de 2017. A concelleira do BNG, Maite Ferreiro presentou unha serie de preguntas para a comisión municipal de Cultura de cara a saber en que situación se atopa o estudo para a posible escavación do Castro da Piringalla. O pleno municipal, por iniciativa do BNG, aprobaba por unanimidade en setembro do 2016 un acordo para iniciar os estudos pertinentes para coñecer os restos que existen baixo terra da Agra dos Castros na zona norte da cidade, que se descubriron no ano 2007, no transcurso dunhas obras municipais de substitución dunha das tubaxes de canalización de auga que conducen aos depósitos municipais situados xusto enfronte do castro. A concelleira nacionalista considerou moi importante poder poñer en valor estes achados, que en palabras de moitos expertos permitirán resolver moitas cuestións pendentes sobre como foi o contacto que tiveron os pobos asentados en Lugo coa chegada dos romanos “entendemos que a escavación deste castro permitirá coñecer moito máis sobre a historia de Lugo, de aí que consideremos importante que se lle preste atención e que se fagan os trámites precisos para a súa recuperación” dixo Maite Ferreiro.
Para o BNG “o Castro da Piringalla, máis aló de permitirnos coñecer o pasado prerromano, pode converterse nun importante punto de atracción turística para a cidade”. Maite Ferreiro sinalou que “Viladonga demostra que estamos desaproveitado recursos que temos dentro da propia cidade”. O Castro da Piringalla ademais axudaría a dinamizar a zona norte da cidade, especialmente os barrios da Piringalla e Garabolos.
Actualmente na documentación á que teñen acceso os grupos municipais recóllese que o goberno municipal concorreu ás subvencións do programa europeo INTERREG co fin de poder optar a recursos económicos para levar os traballos pertinente. Ademais cómpre ter en conta que malia que parte dos terreos onde se sitúa o xacemento son privados, a lexislación permitiría iniciar a investigación e estudo, a maiores o PXOM recolle este espazo como zona verde dentro da unidade de actuación S-6.R, polo que se podería incluso actuar por diferentes vías urbanísticas para podelo converter nun espazo público.
O BNG propón para este espazo a escavación do castro, a posta en valor ao aire libre dos restos atopados e a construción dun pequeno museo e centro de interpretación que complete o conxunto museístico. Moi preto deste lugar tamén se atopan os restos achados do acueducto usado na época romana para traer a auga ata a cidade. Deste xeito completaríase un interesante circuito pola cidade que comezaría na época castrexa e remataría na Muralla e a romanización, podendo amosar ás persoas visitantes unha visión máis global e completa do mundo romano e da historia da cidade.
Para os nacionalistas “non é normal” que se destinen 10.000 € para unha biblioteca que existe, a da Milagrosa, e 50.000 € para unha que está sen facer, a da Piringalla
Rubén Arroxo sinalou que “sería unha forma sostible de reforzar os atractivos turísticos da cidade”