da
Novas

Maite Ferreiro: "Lugo converteuse na capital galega da Danza con distintas actividades ao longo das últimas semanas"


A concelleira de Cultura valorou positivamente as actividades organizadas, que contaron cunha afluencia masiva de público

Lugo acolleu, ademais da programación de danza do ciclo LED, a celebración do 20 aniversario do Conservatorio de Danza e exhibicións das diferentes escolas de danza

Ferreiro: "Continuamos a promocionar a danza cunha programación estable ao longo do ano no Auditorio enmarcada no ciclo LED, que remata o seu primeiro semestre deste ano o vindeiro 18 de maio"

Ler novas
Novas

"Lugo segue a ser castigado, esta vez coa retirada da conexión co AVE que chega ata Ourense" dixo Rubén Arroxo


Arroxo: "mentres Renfe continúa a eliminar servizos ferroviarios en Lugo, desde o BNG seguiremos traballando nas institucións e nas rúas para rematar con esta marxinación cada vez máis acentuada"

Rubén Arroxo: "coa nova da eliminación dunha das conexóns nocturnas con Ourense, Lugo xa perdeu na practica todas as opcións para desprazarse en tren, cada poucas semanas recibimos a noticia de que se reducen as conexións da nosa cidade"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "A Xunta segue a marxinar a Lugo, deixándonos fora da reclamación dun xulgado específico de violencia de xénero"


O portavoz do BNG criticou que se deixase fora a Lugo dunha necesidade "reclamada non só polo BNG, senon por todo o movemento feminista e ata respaldada polo Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero"

A Xunta vén de reclamar 12  novas unidades xudiciais deixando a Lugo fóra da solicitude trasladada ao Ministerio de Xustiza

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía renova o deseño da tarxeta cidadá


Rubén Arroxo: "Animamos á veciñanza a obter a tarxeta cidadá e usar o bus urbano nos seus desprazamentos"

A tarxeta cidadá permite aforrar ata o 50% no prezo do bus urbano, un dos máis baratos do estado, e desfrutar de transbordo gratuíto

O transporte público continúa a batir récords de usuarios con 201.315 viaxeiros no mes de abril, marcando o mellor abril desde que se gardan rexistros, con só un 3.34% de transbordos

Ler novas