O BNG AGARDA A RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL PARA DECIDIR O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

O BNG AGARDA A RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL PARA DECIDIR O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

O BNG apoiará os orzamentos de 2013 se o goberno municipal atende as propostas efectuadas no día de onte

Antón Bao anunciou que foi o BNG quen “puxo substancia sen demagoxía” para os orzamentos do vindeiro ano

O proposta de retraso nas obras do plan Paradai feita pola Xunta supón unha “afrenta e unha traición para Lugo”

 

LUGO, 19 de decembro de 2012. Antón Bao, como voceiro do BNG no concello de Lugo, afirmou que o BNG anunciará mañá se apoia a proposta de orzamentos presentada polo equipo de goberno do concello de Lugo. Tras facer onte unha serie de propostas centradas na atención social, a creación de programas de emprego e de mellorar o benestar no concello, os nacionalistas agardarán á celebración da correspondente comisión no día de mañá para amosar o seu apoio, ou non, aos orzamentos presentados polo goberno. Bao cualificou as propostas do BNG como “o elemento de calidade e cantidade” á vista das propostas presentadas pola outra forza da oposición. O BNG realizou propostas moi concretas aos orzamentos e lamentou que “esa concreción non se dera nas propostas presentadas polo partido popular”.

No caso de que as propostas do BNG sexan aceptadas polo goberno municipal os nacionalistas apoiarán os orzamentos e dende ese mesmo momento, segundo Antón Bao, “Imos estar absolutamente vixiantes para que os compromisos se cumpran”. Antón Bao insistiu en que “dende o BNG non fixemos demagoxia nin buscamos excusas para aprobar ou non os orzamentos”. Bao afirmou que o BNG fixo propostas sobre eses orzamentos e vinculadas principalmente a atención social, a creación de programas de emprego e a mellorar unha serie de proxectos de mellora e humanización de distintas partes da cidade. Bao tamén se referiu ás propostas presentadas en materia de medio ambiente.

En relación ás proposicións feitas polo PP foron calificadas como un exercicio de demagoxia e “non melloran o orzamento e polo tanto o proxecto político do concello de Lugo para o ano vindeiro”. Antón Bao insistiu en que “foi o  BNG o que puxo substancia para os orzamentos do 2013”.

Plan Paradai

A proposta de modificación do proxecto de execución das obras do Plan Paradai que acaba de presentar a Xunta de Galiza. Dende o BNG, Antón Bao,  anima e insta ao goberno municipal a que “de ningunha maneira asine esa proposta”. O que acaba de propoñer a consellería “cunha redución sobre o xa reducido” e deixando unha partida de 300.000 euros para o ano  2013 para iniciar as obras do Plan Paradai. Bao cualificou como “afrenta e traición para Lugo” este convenio. Bao dirixiuse ao Partido Popular para decirlle que “independentemente do ben ou mal que lles vaia electoralmente os castigados por estas políticas son todos os veciños e veciñas de Lugo”.

O BNG AGARDA A RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL PARA DECIDIR O SEU APOIO AOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS