O BNG CRITICA O “DESPROPÓSITO” EN QUE SE CONVERTEU A VENDA DE ACCIÓNS DA S.A.D. DO C.D. LUGO

O BNG CRITICA O “DESPROPÓSITO” EN QUE SE CONVERTEU A VENDA DE ACCIÓNS DA S.A.D. DO C.D. LUGO

campo ceaoPaz Abraira afirmou que “flaco favor se lle fai ao propio CD Lugo e á imaxe da cidade de Lugo coa xestión que se está levando a cabo para a venda das accións de Concello e Deputación”

O BNG advirte da consecuencias que se poden derivar das reclamacións xudiciais contra un proceso de adxudicación que foi “polo menos cuestionable”

Lugo, 6 de febreiro de 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, criticou “o despropósito” no que se converteu a venda das accións da S.A.D. do C. D. Lugo, que eran propiedade da Deputación e do concello de Lugo”. Abraira lembrou que o BNG sempre estivo en contra de que as institucións públicas sexan propietarias de accións de empresas privadas que xestionan clubes deportivos. Para os nacionalistas está claro que “o feito de que se modificaran as bases da adxudicación para adaptalas para adaptalas ás esixencias do posible comprador pon en dúbida toda a legalidade do proceso” e advertiu “das posibles consecuencias legais no caso de que se presente accións xudiciais contra o proceso”.

Abraira lembrou que “tanto o concello de Lugo como a deputación utilizaban como garantía para a recuperación dos cartos gastados nas accións da SAD do CD Lugo o importe das subvencións nominativas que estas entidades conceden anualmente á entidade deportiva” e engadiu que “agora os cartos non se recuperarán de xeito inmediato e non sabemos que cal vai ser o criterio do Concello á hora da concesión da subvención nominativa ao CD Lugo neste ano 2015 de non facerse efectivo este ano o cobro da totalidade das accións”. Para o BNG “non é normal que as institución púlblicas se poñan ao servizo dunha SAD Deportiva e ao servizo de intereses privados”.

Os nacionalistas puntualizaron que “tanto no caso das accións do Lugo como na cesión do Edificio do Hospital de San Xosé as bases dos concursos públicos parece que estiveron feitas á medida para alguén concreto”. Para o BNG “compre que as institucións públicas aposten polo apoio ao deporte de base e non pode ser que sexan utilizadas como intermediarias-prestamistas para o mercadeo de accións de Sociedades Anónimas Deportivas propietarias de clubes deportivos de elite”.

O BNG CRITICA O “DESPROPÓSITO” EN QUE SE CONVERTEU A VENDA DE ACCIÓNS DA S.A.D. DO C.D. LUGO