O BNG DENUNCIA DEFECTOS NA SINALIZACIÓN DA ZONA 30 DO BARRIO FEIXOO

O BNG DENUNCIA DEFECTOS NA SINALIZACIÓN DA ZONA 30 DO BARRIO FEIXOO

“A limitación de velocidade é fundamental para facer desta zona de Lugo un barrio humanizado” sinalou Abraira

Lugo, a 12 de setembro de 2013. Aedil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, demandou do concello de Lugo que se elimine a vexetación que limita a visibilidade nos sinais de limitación de velocidade na entrada da rúa de San Lourenzo dende a avenida da Coruña. Abraira sinalou que “a limitación de velocidade é fundamental para facer desta zona de Lugo un barrio humanizado”. A concelleira nacionalista tamén insistiu en que “unha vez implantadas as zonas de velocidade moderada compre que o concello faga un seguimento e conservación da sinalización e dos elementos de control da velocidade que se instalan para que a súa implantación sexa efectiva”.

Para o BNG a instalación de zonas 30, nos barrios que contan cunha identidade propia dentro da cidade, é un plus da calidade na vida dos veciños e veciñas destas zonas. Os nacionalistas xa reclamaran, no momento da aprobación da ordenanza municipal de circulación, a implantación de zonas de velocidade moderada para facer de Lugo unha cidade máis amable con peóns e ciclistas.

Ao mesmo tempo o BNG presentará, tamén, un rogo ante a comisión de tráfico do concello de Lugo para que se coide a visibilidade da sinalización vertical nesta zona a avenida da Coruña. Paz Abraira dixo que “a falta de visibilidade non solo afecta á zona 30 do barrio Feixoo se non que son varios os sinais e semáforos que teñen unha dificultosa visibilidade para as persoas que conducen vehículos pola avenida do Coruña”.

O BNG DENUNCIA DEFECTOS NA SINALIZACIÓN DA ZONA 30 DO BARRIO FEIXOO