O BNG ORGANIZOU UN ACTO SOBRE A REFORMA DA LEI DO ABORTO

O BNG ORGANIZOU UN ACTO SOBRE A REFORMA DA LEI DO ABORTO

Interviron a xinecóloga Chus Mëndez, a avogada Belén Rodríguez e a reponsabel  da Comisión de Acción Feminista do BNG, Merce Mourenza

 “A Involución dos nosos dereitos, a contrarreforma da lei do aborto” foi o título do encontro

LUGO, 22 de maio de 2013. O BNG organizou un acto baixo o título “A Involución dos nosos dereitos, a contrarreforma da lei do aborto”. O acto tivo lugar no salón de actos da Casa Sindical e nel interviron tres poñentes de diversos ámbitos relacionados coa muller. Abriu o acto a xinecóloga e integrante da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, Chus Méndez, que fixo unha exposición detallada da historia dos métodos de control da natalidade ao longo da historia. Méndez explicou as vinculacións entre os aspectos lexislativos e sanitarios e como estes afectan sobre a vida das mulleres e función das circunstancias socio-políticas e económicas de cada momento.

Ademais da xinecóloga Chus Méndez, tamén inaterviron a avogada da CIG, Belén Rodríguez, que falou dos aspectos legais da actual Lei do aborto e das consecuencias da reforma que o goberno do PP pretende aplicar. Pechou o acto a responsábel da Comisión de Acción Feminista do BNG Merce Mourenza que lembrou a importancia de que os gobernos adopten medidas protectoras para a muller á hora de que esta poida decidir libremente sobre a maternidade. Mourenza lembrou que, dende a chegada do PP aos gobernos da Xunta e do estado, estamos a sufrir unha brutal regresión en todo o que se tiña avanzado nos últimos anos en políticas de igualdade.

O BNG ORGANIZOU UN ACTO SOBRE A REFORMA DA LEI DO ABORTO