PAZ ABRAIRA REITERA A PETICIÓN DE INFORMACIÓN SOBRE O PLAN DE ACCIÓN DO CONCELLO NO CONFLITO DO LIXO
Resulta lamentable o desprezo con que este Goberno municipal trata aos veciños de Lugo afirmou Paz Abraira
O BNG solicitou unha reunión urxente da Xunta de Portavoces o pasado venres e aínda non se convocou
Lugo, 16 de xullo 2014. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Lugo, por boca da súa voceira Paz Abraira, lamentou o desprezo que o Goberno municipal de Lugo, presidido polo socialista López Orozco, trata aos veciños e veciñas da nosa cidade. No Concello seguen a convocar comisións por outros asuntos, pero a hora de dar explicacións para saber cal é a folla de ruta do Concello neste conflito dan a calada por resposta dixo a nacionalista. Paz Abraira preguntouse polo contido do Plan de Acción que anunciou Orozco no día de onte e esixiulle de novo a Orozco que convoque a Xunta de Portavoces.
A día de hoxe tampouco se nos deu a información solicitada con respecto á comunicación que o Goberno municipal lle fixera chegar a Urbaser o venres pasado sobre a posibilidade de intervir este servizo engadiu a concelleira. O BNG xa adiantara ese mesmo venres que as ameazas a esta empresa quedarían en nada, como así foi.
Para o BNG fica claro a incapacidade e a covardía deste Goberno, pois non é quen de expoñer claramente os pasos que está a dar o Concello. Vemos como os veciños de Lugo seguen nunha situación moi precaria e como hoxe non existe un acordo entre traballadores e empresa, e non existe porque o Concello segue a darlle día si e día tamén osíxeno a esta concesionaria coa súa deixadez e desidia