O Vello Cárcere acolle a mostra LiberArte, con obras de 17 artistas da asociación ALTERARTE

Felipe Rivas, concelleiro de Educación, visitou ás e aos artistas durante a instalación da mostra

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 17 de setembro

O Vello Cárcere acolle a mostra LiberArte, con obras de 17 artistas da asociación ALTERARTE
Lugo, 16 de agosto de 2022. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou o Vello Cárcere xunto con 17 artistas da asociación ALTERARTE, que expoñen a súa mostra LiberArte. A mostra consta dunha selección de obras de temática diversa, con algunhas facendo un guiño a Lugo, á catedral, ao río Miño,  e outras que expresan sentimentos de soidade nun cárcere ou ansia de liberdade. A maioría son temas dispares, con temática, técnicas e estilos diferentes  que conforman a diversidade da asociación.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 17 de setembro, e consta dunha selección de obras dos seguintes artistas: Ana Padín, Aurea Pousa, Azpeitia, Carmen Balbuena, Concetta Montenegro, Constantino González, David Cabaleiro, Lorena Novoa, Luís Martín, Luís Viñas, Luisa Paz, Lurdes Meis, Manuel Cerdeira, María Fortes Blanco, Pilar G. Mourín, R. Priegue e Tania Ulloa.

ALTERARTE é unha asociación de artistas plásticos e visuais, cun proxecto dinámico e aberto a todo tipo de tendencias, que teñen como obxectivo a promoción das súas creacións artísticas e a divulgación doutras manifestacións culturais actuais.

 

 Ofrece como asociación  un lugar de encontro enriquecedor,  tanto  polas distintas visións que aporta cada artista, como as novas perspectivas a nivel cultural que ofrece  nas diversas exposicións e feiras ao longo do ano.

 

O seu proxecto é un punto de partida para fortalecer a cooperación de artistas que teñen como referencia a arte en xeral e a galega en particular, fomentando novas formas de relación coa cultura en plena liberdade.

O Vello Cárcere acolle a mostra LiberArte, con obras de 17 artistas da asociación ALTERARTE