O PLENO DO CONCELLO DE LUGO ABORDARÁ O USO DO EDIFICIO DO HOSPITAL DE SAN XOSÉ

O PLENO DO CONCELLO DE LUGO ABORDARÁ O USO DO EDIFICIO DO HOSPITAL DE SAN XOSÉ

O BNG presentará unha moción pedindo que se manteña o uso público do edificio e propoñendo que a Deputación o permute co concello polo Hospital de Santa María

Para o BNG este edificio debe de ter un espazo autoxestionado polo tecido asociativo lugués

Bao tachou de “escandalosamente antidemocráticas” as declaracións de Jaime Castiñeiras tras referirse este á aprobación do PXOM

Lugo, 19 de abril de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, anunciou a presentación dunha moción que defenderán no vindeiro pleno do concello de Lugo relativa ao edificio do Hospital de San Xosé. Bao dixo que “coincidindo coa gran maioría do tecido asociativo lucense e a cidadanía, dende o BNG propoñemos que este espazo ten que seguir sendo de uso social e público, xa que se trata dun espazo privilexiado para estes fin” e engadiu que “descartamos de plano calquera venda ou uso privado”.

O Hospital de San Xosé está sen uso desde xaneiro de 2011 e é propiedade da Deputación de Lugo. Trátase dun edificio construído no ano 1934 e cuxa parcela ocupa 21.564 metros cadrados, mentres  o edificio do antigo hospital abrangue 10.447. Segundo explicou Antón Bao “o edificio ofrece moitas posibilidades para instalar diferentes servizos e convertelo nun complexo multifuncional”. Nesta instalación poderíanse albergar tanto servizos públicos de carácter social como un Centro de Día. Tamén é, par ao BNG, un espazo axeitado para a instalación de locais para uso autoxestionado de asociacións como de locais polivalentes que dinamicen o tecido asociativo lugués.”

A presentación desta moción enmarcase, segundo explicou o voceiro nacionalista, nunha campaña que o BNG ven desenvolvendo xunto con colectivos e asociacións para tratar de abrir un debate social entre a cidadanía lucense sobre o futuro e os usos de este espazo. Con esta campaña o BNG toma a iniciativa sobre este espazo para garantir o seu uso público e promover que reverta nos lucenses e no movemento asociativo.

Cesión de edificios da Deputación ao Concello

O BNG plantexa que a titularidade do edificio debe de pasar a ser do concello. Pola súa banda a Deputación ocupa, por cesión, edificios propiedade do Concello onde ten ubicado diferentes servizos. Un destes casos é o complexo de edificios do antigo Hospital de Santa María, onde están ubicados o Centro de Artesanía e Deseño, o antigo Inludes, e outros servizos. Para o BNG o máis razonable sería “a permuta entre estes dous espazos entre o Concello e a Deputación, de maneira que o Concello asumiría o Hospital de San Xosé e a Deputación mantería as súas instalacións con titularidade propia.

Declaracións do voceiro do PP sobre a aprobación do PXOM de Lugo

Bao tachou de “escandalosamente antidemocráticas” as declaracións de Jaime Castiñeiras tras referirse este á aprobación do PXOM de Lugo se o partido popular gobernara en Lugo”. Para Antón Bao ´”é intolerable que chantaxee á poboación de Lugo alguén que non sabe perder dicindo que algo se fará ou se deixará de facer en función de quen goberne”. Bao lembrou que non é a primeira vez que esto sucede e dirixiuse ao partido popular “como cidadán e democrata” para dicirlles que “non se pode maltratar a Lugo por que un non conseguira democraticamente o goberno do concello”

O PLENO DO CONCELLO DE LUGO ABORDARÁ O USO DO EDIFICIO DO HOSPITAL DE SAN XOSÉ