Rubén Arroxo: "a aportación da Vicepresidencia da Deputación para o San Froilán é 16 veces o que pon a Xunta de Galiza"
A Vicepresidencia da Deputación colaborará co San Froilán 2025 con 410.000€, mentres que a Xunta aporta 25.000
Rubén Arroxo: "a Xunta segue a aportar só 25.000€ ao San Froilán, cando se trata de investir en Lugo o PP segue a estratexia de canto peor, mellor"
Rubén Arroxo anuncia un novo mes de récord nos buses urbanos con 186.454 billetes expedidos no mes de xullo
Rubén Arroxo presenta o proxecto de humanización do Carril das Flores, "unha mellora estética integral dunha das zonas con máis potencial da cidade"
A rúa Carril das Flores converterase nunha plataforma única con novos espazos verdes e zonas de convivencia, ademais de renovar os servizos da rúa
Arroxo: "Con este proxecto melloramos un dos espazos da cidade que máis necesidade tiñan dunha reforma integral e avanzamos na creación do gran eixo de mobilidade peonil leste-oeste de Lugo"
O orzamento proxectado para ambas intervencións ascende a 1.148.978,51€, mentres que a tenencia de Alcaldía continúa a traballar na adquisición da casa en ruínas ubicada na esquina de Carril das Flores con Montero Ríos, "o que nos permitirá ampliar o proxecto e que esta actuación contemple a mellora integral da zona"
Rubén Arroxo e Alexandre Penas reúnense coas veciñas e veciños da rúa Otero Pedrayo
O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas acordaron coa veciñanza a transformación do treito que une esta rúa con Río Sil, "creando un novo espazo de convivencia para as veciñas e veciños do barrio"
Arroxo: "Seguimos avanzando na cidade dos 5 minutos, traballando da man das veciñas e veciños para conseguir consensos na transformación do espazo urbano dos nosos barrios"
Rubén Arroxo anuncia o inicio das obras de mellora na rúa Rof Codina cun investimento de máis de 38.000 euros
Os traballos abranguen un tramo duns 175 metros entre a Ronda das Fontiñas e a rúa Virxe da Esperanza, cun prazo de execución previsto de oito semanas
O Tenente Alcalde destacou "a importancia da actuación para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nunha das zonas máis deterioradas do barrio"
Rubén Arroxo presenta a 6ª Edición do Muralleando, festival das agrupacións musicais de Lugo que volve un ano máis á Mosqueira
20 concertos terán lugar na praza da Mosqueira entre o 04 de xullo e o 06 de setembro
Arroxo: "O Muralleando xa é unha cita consolidada no calendario das actividades culturais do verán"
Rubén Arroxo visita a rúa Milagrosa con veciñas e veciños do barrio ante o inminente comenzo das obras
O Tenente Alcalde anunciou o inicio dunha peonalización "que permitirá crear un camiño peonil desde o barrio da Milagrosa ata a praza de Bretaña"
Arroxo: "Seguimos a traballar en proxectos que teñan un impacto positivo, facilitando a accesibilidade e a convivencia veciñal"
Rubén Arroxo e Cristina López asisten á II Edición do Bioleibol
Catro puntos da cidade funcionaron como espazos de difusión da práctica do vólei como actividade bio-saudable
Rubén Arroxo sinalou que "actividades coma esta permiten achegar o deporte á rúa, poñendo en valor a súa dimensión como ferramenta de benestar físico e social"