Olalla Rodil visitou a feira do Butelo en Fonsagrada e asegurou "en Lugo, e por poucos votos, vaise xogar o cambio necesario no goberno da Xunta"
Rodil anunciou "con Ana Pontón como presidenta da Xunta de Galiza levaremos a cabo un plan específico para Eventos Turísticos Sectoriais e Festas Enogastrónomicas"
A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza é a oportunidade para superar o que queda dun PP que nos deixa sen sanidade pública, miles de persoas se están manifestando agora mesmo en Compostela, unha sanidade pública pola que levades loitando semana tras semana aquí na Fonsagrada"