máis
Novas

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que a multinacional Altri pretende implantar en Palas de Rei


A deputada do BNG, Montserrat Valcárcel, xunto con concelleiras e concelleiros do BNG en Lugo, e representantes de Galiza Nova e Erguer. Estudantes da Galiza, presentaron esta tarde as alegacións recollidas na comarca de Lugo

Montserrat Valcárcel: "Altri será unha gran bomba ambiental para Galiza, unha macrocelulosa que afectará negativamente aos postos de traballo da Ulloa e freará o desenvolvemento agrario de Galiza"

Ler novas
Novas

O BNG recolle máis de 300 alegacións ao proxecto de Altri na mesa informativa colocada hoxe no centro de Lugo

Rubén Arroxo, portavoz do BNG, afirmou que "a veciñanza de Lugo está a deixar claro que rexeita un proxecto nocivo para o medio ambiente"

Arroxo: "Estamos diante dunha actividade industrial nin sostible nin moito menos circular, terá uns fortísimos impactos no territorio e no ambiente"

O BNG reclama á Xunta o desenvolvemento dunha alternativa para a dinamización socioeconómica da Ulloa, a Terra de Melide e o Alto Ulla, co obxectivo de fomentar actividades sustentábeis que xeren emprego e que fixen e atraian poboación

Ler novas
Novas

Olalla Rodil: "Galiza é a novena potencia europea en producción de madeira, precisamos xerar máis riqueza e valor engadido a través do peche de ciclos productivos"

A candidata do BNG participou hoxe en dous encontros con representantes do sector forestal, onde presentou as propostas do BNG "para beneficiar o sector e mellorar as condicións de traballo das máis de 20.000 persoas que se adican á madeira"

Rodil: "O forestal é un sector estratéxico para o presente e o futuro do noso país e de Lugo, onde se realizan a metade das cortas de toda Galiza, temos que cambiar o modelo e transformar nós a madeira"

A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza, o apoio ao BNG garante  superar os 15 anos dun PP que non apostou polos nosos sectores productivos"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo: "Lugo está a converterse nunha das capitais de provincia con máis actividade cultural estendida durante todo o ano"

O Alcalde en Funcións amosou o seu compromiso coa celebración de eventos culturais para todos os públicos nos distintos espazos dispoñibles na cidade de Lugo

 

Este sábado acudiu ao Auditorio Gustavo Freire, que acolleu a Gala Solidaria con Palestina, con actuacións de Uxía Lambona e A Banda Molona, Paco Nogueiras ou o Mago Teto

Ler novas