mercado
Novas

A Área de Participación organiza o Mercado Especial das Flores con motivo da festividade de Santos

Lugo, 29 de outubro de 2019. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acolle o Mercado Especial das Flores, que dende a área se organiza con motivo da festividade de Santos. Este ano, contará con 10 postos que estarán abertos até o día 31 de 8 a 20 horas.

Cristina López lembrou tamén que durante o día de Santos, o Cemiterio encherase de música clásica de 11 a 13:30 e de 16 a 17 horas, e que as persoas que se acheguen, contarán con buses especiais cada 20 minutos.

Ler novas
Novas

Por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago

Lugo, 24 de outubro de 2019. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que “segundo un informe de facenda local, por primeira vez todos os postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal están ao corrente de pago”.

 

Cristina López indicou que dende a área de Participación se está a traballar en ofertar os postos que se deron de baixa nos últimos tempos. Un total de 13 postos na Praza de Abastos, 13 no Mercado Municipal, 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns. Segundo declarou a concelleira, “na actualidade o prego está redactado e trasladado ao servizo de intervención para a súa tramitación”.

 

Entre os postos que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis, e cuxa concesión actualmente está caducada. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas”.

Ler novas