Rubén Arroxo: “a partir do 28 de maio crearemos zonas de sombra en todo o tecido urbano plantando máis de 500 árbores”
O candidato do BNG á alcaldía de Lugo anunciou unha das propostas “para reducir os efectos do cambio climático nas rúas de Lugo”
Arroxo: "as altas temperaturas rexistradas nos últimos anos fan necesario dar un paso adiante e poñer en marcha políticas que traten de frear o cambio climático"