O BNG ACHEGOU INFORMACIÓN AOS AUTÓNOMOS SOBRE AS NOVAS MEDIDAS TRIBUTARIAS DO GOBERNO

O BNG ACHEGOU INFORMACIÓN AOS AUTÓNOMOS SOBRE AS NOVAS MEDIDAS TRIBUTARIAS DO GOBERNO

Cargos nacionalistas, afiliados e simpatizantes percorreron establecmentos e empresas da cidade

Esta campaña que desenvolve o BNG leva por título o PP afoga as persoas autónomas

Lugo, a 28 de xaneiro de 2014. Baixo o lema o PP afoga as persoas autónomas o BNG está a levar a cabo unha campaña de información sobre as novas medidas tributarias que o Goberno do Estado vai impoñer. Estas medidas, que provocarán o incremento das cargas tributarias sobre as persoas autónomas e as pequenas empresas, foron aprobadas durante as vacacións do nadal e sen negociación previa. Entre as medidas destaca o incremento da cotización mínima para persoas autónomas que implica un incremento de máis de 60€ anuais. Tamén se incrementará a cotización para persoas autónomas que teñan contratadas 10 ou máis persoas traballadoras, cun valor duns 60€ ao mes.

Segundo os nacionalistas esta situación terá unhas consecuencias moi negativas para a economía galega e suporá que as persoas autónomas e pequenas empresas terán menos liquidez ademais de desincentivar a contratación, o que provocará un aumento do desemprego. Estas medidas aplicadas polo PP non resolve os problemas asociados ao déficit da Seguridade Social mentres que “afoga aos traballadores e ás pequenas empresas neste momento de crise económica”.

O BNG está a presentar iniciativas en todas as institucións para solicitar a retirada deste Real decreto, aprobado sen consenso de ningún tipo e que só agravará a situación económica das persoas autónomas. Ademais os gobernos, da Xunta e do Estado, deben de artellar medidas para o impulso e potenciación dos nosos sectores productivos acompañadosde políticas activas de emprego, como mellor mecanismo de reactivación económica como garante tamén da viabilidade da Seguridade Social. Para unha maior xustiza social debe de aplicarse uha reforma fiscal progresiva, en que sexan precisamente as grandes fortunas e grandes empresas as que máis tributen, e non, máis unha vez máis, a maioría da poboación e as persoas autónomas e pequenas empresas.

A medida aprobada polo goberno do PP no estado implica un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano (así como as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao amparo do que estabelece a disposición adicional vixésimo sétima do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social), que representa unha suba do 22%, case 60 euros ao mes. Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para persoas autónomas, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano para as mesmas. Estas medidas aplícanse sen ningún tipo de diálogo co sector, como critican as principais asociacións de persoas autónomas galegas e do Estado.

O BNG ACHEGOU INFORMACIÓN AOS AUTÓNOMOS SOBRE AS NOVAS MEDIDAS TRIBUTARIAS DO GOBERNO