ALEXANDRE PENAS: "APOSTAMOS POR DOTAR Á BRIGADA DOS RECURSOS NECESARIOS PARA REALIZAR O SEU LABOR EN CONDICIÓNS ÓPTIMAS"

O Concello de Lugo avanza na renovación do flota de vehículos da brigada municipal

A concellería de Infraestruturas Urbanas adquirou dous novos furgóns tipo L2H2 por un valor de 78.475,56 €

Alexandre Penas: "Apostamos por dotar á brigada dos recursos necesarios para realizar o seu labor en condicións óptimas"

O Concello de Lugo avanza na renovación do flota de vehículos da brigada municipal

 

Lugo, 23 de decembro de 2024. O Concello de Lugo continúa apostando pola mellora dos servizos municipais coa adquisición de dous novos furgóns industriais modelo L2H2 para a brigada de Vías e Obras. Estes vehículos de nova fabricación "responden á necesidade de renovar a flota destinada ao transporte de materiais e maquinaria para a realización de reparacións nas vías públicas do casco urbano", explicou o concelleiro de Infraestruturas Urbanas.

Alexandre Penas destacou que esta modernización da flota "é clave para garantir un servizo máis eficiente e eficaz, xa que estes vehículos permitirán mellorar a capacidade de resposta da brigada, reducindo tempos de intervención e incrementando a calidade das actuacións". Tamén subliñou a importancia do traballo da brigada, que realiza máis de 1.000 actuacións ao ano, contribuíndo de xeito decisivo á conservación e mantemento das infraestruturas.

O importe do contrato é de 78.475,56 €, incluíndo todos os custos asociados á entrega dos vehículos matriculados e legalizados. Con esta actuación, o Concello de Lugo reafirma o seu compromiso coa conservación e mantemento das infraestruturas municipais, dotando á brigada dos recursos necesarios para realizar o seu labor en condicións óptimas.

O Concello de Lugo avanza na renovación do flota de vehículos da brigada municipal