O CONCELLO DE LUGO AVANZA PARA MATERIALIZAR AS PROPOSTAS DO BNG E MELLORAR O SERVIZO DE TAXI
As propostas dos nacionalistas tratáronse nunha xuntanza con técnicos municipais, representantes dos grupos políticos e representantes do colectivo de taxistas
O colectivo de taxistas considera máis que suficiente o actual número de licencias existentes no concello de Lugo
Lugo, a 18 de febreiro de 2013. O goberno municipal do concello de Lugo convocou a todos os grupos políticos, a representantes do colectivo de taxistas e a técnicos municipais para debatir a proposta que fora presentada no Pleno Municipal do pasado mes de xaneiro. A moción presentada polo BNG, ante o pleno da corporación, recollía que o colectivo de taxistas plantexou para mellorar o servizo que prestan á cidadanía. A xuntanza, celebrada hoxe, materializa o acordo acadado no pleno de traballar sobre as propostas do colectivo para materializar, do mellor xeito posible, todas as propostas presentadas. Segundo Antón Bao o BNG mantén a proposta presentada no pleno xa que supón un mellor servizo e máis barato para os usuarios. Bao engadiu que todas estas medidas van encamiñadas a axilizar a circulación e mellorar este servizo público de transporte.
Na xuntanza, ademais das propostas que xa foran trasladadas polo BNG ao pleno, o colectivo de taxistas presentaron outras propostas relativos á rede semafórica, bandas rugosas e colocación de sinais de fin de tarifa urbana. Ademais tratouse a posibilidade de outorgar novas licencias pero o colectivo estima que son máis que suficientes as que xa existen neste momento. Ademais os representantes do colectivo de taxistas solictaron do concello o arranxo do lousado do local que utilizan para o servizo de radio-taxi e que neste momento ten vairas goteiras.
O BNG presentara unha moción, ao Pleno Municipal, na que se solicitaban diversos cambios no funcionamento do servizo de Taxi. Estes cambios pretenden unha mellora do servizo para os usuarios e tamén contribuir a axilizar a circulación destes vehículos, mellorando así, o tráfico na cidade e procurar un aforro económico para os usuarios. Os cambios afectan fundamentalmente á ubicación de algunhas paradas, ao transito dos taxis polo casco histórico e á optimización da circulación en diversas zonas da cidade. Antón Bao sinalou que a cidade cambiou e un servizo público, como é o taxi, tamén ten que actualizarse.
No relativo ás paradas solicitase o cambio de ubicación da que está situada actualmente frente á facultade de veterinaria para situala na praza de Augas Férreas e tamén a eliminación da situada en Carlos Azcárraga. Tamén se pretende o cambio da parada do barrio da ponte para situala na outra marxe do río. Existen, tamén, varias propostas, no referente á circulación destes vehículos de servizo público, polo casco histórico e polas rúas da cidade. Un dos cambios circulatorios pretendidos é que se autorice a saída dos taxis situados na parada de Comandante Manso cara a rúa de San Roque. Outra das propostas para axilizar a circulación é que se autorice o cambio de sentido para o taxis que circulan polo Av. de Ramón Ferreiro, en dirección ao centro da cidade, no cruce entre a Av. de Ramón Ferreiro e Salvador de Madariaga.