Director
Novas

A Área de Participación organiza o Mercado Especial das Flores con motivo da festividade de Santos

Lugo, 29 de outubro de 2019. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o soto da praza de Abastos acolle o Mercado Especial das Flores, que dende a área se organiza con motivo da festividade de Santos. Este ano, contará con 10 postos que estarán abertos até o día 31 de 8 a 20 horas.

Cristina López lembrou tamén que durante o día de Santos, o Cemiterio encherase de música clásica de 11 a 13:30 e de 16 a 17 horas, e que as persoas que se acheguen, contarán con buses especiais cada 20 minutos.

Ler novas
Novas

Estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Sanxillao coñecen o funcionamento do concello con Rubén Arroxo

Lugo, 28 de outubro de 2019. O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, recibiu esta mañá no Salón de Plenos do concello a 37 estudantes do IES Sanxillao de 3º e 4º da ESO. Na visita, Arroxo estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Felipe Rivas, que explicaron o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela.

Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas. Arroxo manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos a visitar o Concello.

Ler novas