á
Novas

A Tenencia de Alcaldía celebra a chegada de Lugo aos 100.000 habitantes cunha campaña promocional en distintos puntos da cidade

Desde a Tenencia de Alcaldía colocáronse unha serie de infografías en distintos puntos da cidade mostrando a transformación executada nos últimos anos polas distintas áreas de goberno

Lugo fai historia ao superar por primeira vez aos 100.00 habitantes, converténdose na cuarta cidade galega en superar esta cifra

Cristina López: "Lugo está crecendo despois dun gran traballo facendo que as nosas rúas sexan lugares de referencia, seguiremos traballando para facer de Lugo un sitio mellor"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro asisten á festa de fin de curso de Augas Férreas, organizada pola Asociación Veciñal do barrio

Arroxo: "Seguimos a colaborar co tecido asociativo da cidade, garantindo que toda a veciñanza poida desfrutar de distintas actividades ao longo do ano" 

 A Tenencia de Alcaldía reafirma deste xeito a colaboración cos barrios e zonas periurbanas, gardando un orzamento de máis de 20.000€ para as distintas festas de barrios e parroquias 

Ler novas
Novas

O BNG asiste á manifestación convocada pola veciñanza afectada ante o proxecto da fábrica de metano en Coeses


O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado de máis cargos do partido, acudiu á protesta organizada polas persoas afectadas


O BNG trasladou esta problemática ao Parlamento Galego, e presentará iniciativas nas distintas institucións "para buscar unha mellor ubicación a este proxecto, que non afecte nin ás vivendas nin ás augas da zona"

Ler novas
Novas

Maite Ferreiro: "A Xunta inviste máis de 2 millóns de euros no Son do Camiño 2024, agardamos que o investimento no San Froilán sexa máis que o do ano pasado"

A colaboración institucional da Xunta de Galiza no San Froilán é o 0.86% do orzamento investido no macrofestival

Maite Ferreiro explicou que "o nomeamento do novo delegado territorial de Cultura chega tarde, mais agardamos que teña tempo para facer os deberes durante o verán e dar unha colaboración de altura ao San Froilán"

A Comisión de festas reunirase o vindeiro martes 25 para comezar a traballar nesta edición do San Froilán

Ler novas