alexandre
Novas

Alexandre Penas visita, xunto con veciñanza da zona, a rotonda temporal de Río Sil coa rúa Conde

Lugo, 04 de novembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou, xunto con veciñanza da zona, o cruce entre as rúas Conde e Río Sil, onde no día de hoxe se realizou a instalación temporal dunha rotonda para comprobar o seu funcionamento neste cruce.  “Cos datos que se recollan decidirase se continuar adiante coa sinalización definitiva dunha rotonda ou é preciso buscar outro tipo de solución”, declarou Alexandre Penas.

A concellería de Infraestruturas Urbanas contará coas observacións da empresa adxudicataria do pintado da sinalización horizontal e dos datos que recollan tanto o servizo de Enxeñaría do Concello como a Policía Local acerca da maniobrabilidade e da mellora na circulación que produza esta solución. “Trátase dun dos puntos con máis colisións de vehículos da cidade ao que queremos dar a mellor solución posíbel, atendendo ao mesmo tempo ás solicitudes da veciñanza da zona”.

 

Ler novas