Fetén Fetén chega ao San Froilán para presentar o seu novo proxecto, "Miña terra no corazón"
Ferreiro anunciou un novo concerto para o mércores 09 de outubro na praza de Santa María a partir das 21 horas
Ferreiro anunciou un novo concerto para o mércores 09 de outubro na praza de Santa María a partir das 21 horas
As nenas e nenos realizaron unha visita guiada á Praza, onde coñeceron os distintos productos e a importancia do comercio de proximidade e dos productos ecolóxicos e de KM0
Penas comprobou o avance das obras do ascensor que entrará en funcionamento a finais de novembro
Rubén Arroxo visitou as obras para comprobar o seu avance e lembrou “este proxecto foi anunciado en numerosas ocasións pero agora é unha realidade”
O ascensor non se construirá ata que, segundo o proxecto, os responsables do Colexio cambien para instalacións propias o depósito do gasóleo da calefacción
Maite Ferreiro sinalou que "o proxecto non contempla cociña, por que ao PP non lle importa a calidade da comida que reciben os escolares nin as consecuencias"
Ferreiro lamentou “que os anuncios se queden, unicamente, en anuncios” e lembrou outras actuacións pendentes como os aparcadoiros ou a rotonda don San Eufrasio
Maite Ferreiro lémbralle a PP e PSOE que hai un acordo plenario para que o novo Colexio do Sagrado Corazón conte con cociña e comedor
O BNG-AA levará ao pleno da corporación municipal unha iniciativa para que o proxecto prevea a cociña e a Xunta asuma as súas competencias en relación aos comedores escolares
Lugo, 17 de xullo 2017. O BNG-AA levará ao vindeiro pleno do concello de Lugo unha iniciativa para reclamar que a Xunta de Galiza prevea no proxecto de novo colexio para o Sagrado Corazón da execución dunha cociña propia, co fin de evitar as problemáticas que se deron nos últimos tempos a respecto dos comedores escolares, e garantir que este novo colexio conte cun servizo de comedor de xestión directa por parte da propia Consellería “Agora que se vai comezar co proxecto do colexio é o momento de lembrar estas cuestións para facer as cousas ben e evitar os problemas futuros” afirmou a edil Maite Ferreiro, que tamén lembrou que a día de hoxe nos comedores xestionados pola Xunta págase o comedor en función da renda e nos de xestión municipal páganse 5 € indeferentemente da situación económica familiar. Ante isto o BNG levará ao pleno municipal unha proposición co fin de acadar o acordo da corporación para instar á Xunta a que teña en conta esta cuestión.
O BNG entende o servizo de comedores xestionado pola Xunta como unha actividade máis que deberían ter todos os centros, co fin de mellorar a conciliación familiar e evitar agravios entre os diferentes colexios. A concelleira nacionalista lembrou que “O Decreto 132/2013, do 1 de agosto regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería con competencia en materia de educación. Este decreto configura o comedor escolar como un recurso educativo de carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación básica obrigatoria dentro dos principios de igualdade e solidariedade”. Para o BNG o servizo de comedor escolar foi feito no seu día para dar resposta á situación de desvantaxe social e económica de moitas familias asentadas en núcleos illados e diseminados, porén, nestes intres, o servizo de comedor escolar vai máis alá, debido aos cambios socioeconómicos e ó aumento da demanda de medidas concretas en materia de conciliación da vida familiar e laboral.