festas
Novas

Rubén Arroxo: "Para demostrar que a Xunta cree no San Froilán teñen que aumentar a súa colaboración coas festas"

O Tenente Alcalde respostou ás declaracións do director de Turismo da Xunta de Galiza recollidas hoxe na prensa

Arroxo: "Coincidimos co director de Turismo, Xosé Merelles en que o San Froilán é unha das festas máis importantes de Galiza, pero non grazas á ínfima colaboración institucional da Xunta de Galiza, que só aporta 25.000€"

Rubén Arroxo anunciou as liñas de bus especiais para o San Froilán, os dias 4, 5, 11 e 12 de outubro, as liñas 1.2, 1.4, 9, 10, 12 e 13 ampliarán o horario de servizo ata as 3 da mañá

Ler novas
Novas

Maite Ferreiro preside unha nova xuntanza da Comisión de festas, que aprobou as propostas de Pregoeira e Oferente a Rosalía


Ferreiro: "Este ano contaremos coa artista multidisciplinar Luz Darriba para dar comezo ás festas, coincidindo co 25 aniversario do Proxecto Cumulum"


A ofrenda a Rosalía correrá a cargo da artesá Marga Portomeñe e da escritora Ana Carreira


Maite Ferreiro afirmou que "estas tres mulleres renderán homenaxe á importancia de Lugo na cultura galega actual"

Ler novas
Novas

Arroxo: "O PP usa a crispación e a mentira para abandonar a comisión de festas todos os anos"


O alcalde en funcións lembrou que todos os concelleiros teñen acceso á contabilidade do Concello "os servizos municipais poñen a disposición de toda a corporación a documentación necesaria, mais non é o seu traballo realizar informes sobre esta cuestión"

O Goberno de Lugo responde á única petición de acceso á información do San Froilán 2023, rexistrada polo PP o 28 de xuño

Ler novas